Domingo Sanguento (1972)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Domingo Sanguento de 1972, foi unha xornada de incidentes ocorridos en Derry, Irlanda do Norte, o día domingo 30 de xaneiro de 1972. Aquela tarde, máis de 15.000 persoas manifestáronse en contra do internment -unha medida que consistía en encarcerar sen xuízo aos sospeitosos de pertencer ao IRA. A manifestación iniciouse pacificamente, aínda que a tensión respirábase no aire. Un rexemento de paracaidistas, un dos máis duros corpos do Exército Británico, fora enviado a Derry.

Un pequeno grupo de manifestantes, apartado do núcleo principal, comezou a lanzar pedras a unha barricada, tras a que se parapetaban algúns soldados. Estes responderon ao principio con gas, balas de goma e auga a presión. Instantes despois as rúas do Bogside convertéronse nun caos. A xente corría aterrada entre o enxordecedor ruído de disparos con balas verdadeiras. En 20 minutos, 13 corpos sen vida e máis de 30 feridos (un deles morrería meses máis tarde). Nacera a lenda do Domingo Sanguento (Bloody Sunday), coñecida mundialmente pola canción da banda U2 Sunday Bloody Sunday.

Historia[editar | editar a fonte]

Recordatorio do Domingo Sanguento en Derry.

O domingo 30 de xaneiro de 1972, nun incidente que desde entón se cualificaría como Domingo Sanguento, 13 homes e nenos non armados morreron por mor dos disparos da forza paracaidista británica logo dunha manifestación en favor dos Dereitos Civís de Irlanda do Norte no barrio de Bogside da cidade de Derry, en Irlanda do Norte. A manifestación foi organizada por Ivan Cooper para protestar polo encarceramento sen xuízo de xente irlandesa, predominantemente católica, en Irlanda do Norte.

Aínda que o principio da guerra do IRA contra o goberno británico empezara tres anos antes do Domingo Sanguento, o IRA aínda era unha organización moi feble e pequena; de feito, Graffitis en Belfast antes do día fatídico afirmaban que IRA significaba I Ran Away (Eu fuxín)[Cómpre referencia], aludindo claramente á falta de valentía que demostraba en devandita época. De calquera xeito, o Domingo Sanguento impulsou a posición e aumentou o número de recrutamentos da banda.

O recordo do Domingo Sanguento cobre moitas outras accións violentas na historia posterior do país, seguramente porque foi levada a cabo polo Goberno Británico e non por paramilitares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]