Nadja Uhl
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1972 (52 anos) Stralsund, Alemaña |
Educación | Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) (1990–1994) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz de dobraxe |
Período de actividade | 1993 - |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Nadja Uhl, nada en Stralsund (Mecklemburgo-Pomerania Occidental, pertencente por aquela época a Alemaña do Leste) o 23 de maio de 1972, é unha actriz alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa formación como actriz tivo lugar na Escola Superior de Música e Teatro "Felix Mendelssohn", en Leipzig, Saxonia, entre 1990 e 1994, estreándose como actriz de teatro no Hans Otto Theater de Potsdam en 1994. Foi alí onde abriu un auditorio musical co seu compañeiro sentimental Kay Bockhold no 2006.
A súa estrea como actriz fílmica tivo lugar en 1993 (Der Grüne Heinrich, dirixida por Thomas Koerfer, e con Nadja Uhl no papel de Agnes), pero foi no 2000 cando chamou a atención do público internacional ó participar na película A Lenda de Rita (Die Stille nach dem Schuß), dirixida por Volker Schlöndorff. Nesta película interpreta a Tatjana, unha camareira da República Democrática Alemá que se rebela contra o sistema deste país. O seu traballo no filme de Schlöndorff fíxolle gañar o Oso de Prata á Mellor Actriz do Festival Internacional de Cine de Berlín e o nomeamento a Mellor Actriz Secundaria nos Premios do Cinema Alemán.
No 2002 actúa na película Xemelgas (De Tweeling), dirixida polo neerlandés Ben Sombogaart e baseada no best-séller homónimo escrito por Tessa de Loo. Aquí interpreta a Anna, irmá de Lotte. Ámbalas dúas son separadas ó morrer os seus pais; a segunda guerra mundial e o Holocausto consolidarán esa separación. O filme foi nomeado ó Oscar á Mellor Película de Fala non Inglesa na 76ª. edición dos Premios Oscar.
No 2005 cubriu o papel de Nicole na película Verano en Berlín (Sommer vorm Balkon), dirixida por Andreas Dresen. A súa actuación valeulle neste caso o nomeamento á Mellor Actriz Protagonista nos Premios do Cinema Alemán.
No 2006 cubriu o papel de Katja Döbbelin na miniserie A tormenta do século (Die Sturmflut), dirixida por Jorgo Papavassiliou. Esta exitosa produción televisiva da RTL céntrase na tormenta que asolou parte de Alemaña (sobre todo, Hamburgo e os arredores) do 16 ó 17 de febreiro de 1962, deixando 315 mortos.
No 2008 participa en Der Baader Meinhof Komplex, de Uli Edel, baseada no best-séller homónimo de Stefan Aust. Nesta historia baseada en feitos reais, Nadja Uhl interpreta a Brigitte Mohnhaupt, integrante activa da Fracción do Exército Vermello (Rote Armee Fraktion ou R.A.F., un grupo terrorista alemán de ideoloxía marxista que estivo activo entre finais dos 60 e 1998) e líder da súa segunda xeración. Tamén no 2008, Nadja Uhl participa nunha produción, baseada así mesmo en feitos reais, sobre o secuestro, en 1977, do Voo 181 de Lufthansa, perpetrado por catro terroristas da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e en conivencia coa R.A.F. O papel de Nadja Uhl correspóndese esta vez coa auxiliar de voo Gabriele Dillmann, unha das vítimas do secuestro. Dáse a coincidencia de que no momento do secuestro, a líder da R.A.F. era Brigitte Mohnhaupt.
Nadja Uhl tivo unha filla o 28 de outubro de 2006.
Filmografía e personaxes interpretadas
[editar | editar a fonte]- Die Toten vom Schwarzwald (2009) (televisión) .... Inka.
- Die Stunde der Nutria (2009) (televisión) .... Tania Bartko.
- Männerherzen (2009) .... Susanne Feldberg.
- So glücklich war ich noch nie (2009) .... Tanja.
- Mogadischu (2008) (televisión) .... azafata Gabriele Dillmann.
- Der Baader Meinhof Komplex (2008) .... Brigitte Mohnhaupt.
- Kirschblüten - Hanami (2008) .... Franzi.
- Nicht alle waren Mörder (2006) (televisión) .... Anna Degen.
- Vier Minuten (2006) .... Nadine Hoffmann.
- Die Sturmflut (2006) (televisión) .... Katja Döbbelin.
- Dornröschen erwacht (2006) (televisión) .... Juliane Meybach.
- Artour (serie de televisión). Episodios:
- 1 episodio emitido o 5 de xaneiro de 2006.
- Sommer vorm Balkon (2005) .... Nicole "Nike" Pawelsky.
- Mord am Meer (2005) (televisión) .... Paula Reinhardt.
- Lautlos (2004) .... Nina.
- Das Wunder von Lengede (2003) (televisión) .... Helga Wolbert.
- De Tweeling (2002) .... Anna.
- Scherbentanz (2002) .... Zitrone.
- Was tun, wenn's brennt? (2001) .... Nele.
- My Sweet Home (2001) .... Anke.
- La Volpe a tre zampe (2001) .... Doris.
- Verhängnisvolles Glück (2000) (televisión) .... Gloria.
- Die Stille nach dem Schuß (2000) .... Tatjana.
- Verrat (2000).
- Schnee in der Neujahrsnacht (1999) .... Nora.
- No Sex (1999) (televisión) .... Isabell Jacobi.
- Ufos über Waterlow (1998) (televisión).
- Stan Becker - Auf eigene Faust (1998) (televisión) .... Laura Basenius.
- Gefährliche Lust - Ein Mann in Versuchung (1998) (televisión) .... Sophie.
- Blutiger Ernst (1998) (TV) .... Marysa Heeren.
- Mörderisches Erbe - Tausch mit einer Toten (1998) (televisión) .... Helen Braddy.
- Beichtstuhl der Begierde (1997) (televisión).
- Mein ist die Rache (1997) (televisión) .... Evi.
- Tatort (serie de televisión). Episodios:
- Eiskalt (tempada 1, episodio 370, 28 de setembro de 1997) .... Petra Schächter.
- First Love - Die große Liebe (serie de televisión emitida por primeira vez en 1997) .... Wolke.
- Alarmcode 112 (serie de televisión emitida por primeira vez o 25 de setembro de 1996).
- Polizeiruf 110 (serie de televisión). Episodios:
- Kleine Dealer, große Träume (tempada 25, episodio 4, 19 de febreiro de 1996) .... Bibi.
- Zerrissene Herzen (1996) (televisión) .... Britta.
- Der Grüne Heinrich (1993) .... Agnes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nadja Uhl - Above the line[Ligazón morta] (en inglés)
- [1]
- [2] Arquivado 14 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- Perlículas, noticias, biografía, fotos