Alejandra Pizarnik
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de abril de 1936 Avellaneda |
| Morte | 25 de setembro de 1972 Buenos Aires |
| Causa da morte | suicidio, sobredose |
| Lugar de sepultura | La Tablada Cemetery (en) |
| Educación | Universidade de París Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires |
| Actividade | |
| Ocupación | lingüista, tradutora, crítica literaria, poetisa, autora de diarios, escritora |
| Período de actividade | 1955 |
| Xénero artístico | Poesía, epistolografía e ensaio |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Latin American Women Writers: an Encyclopedia Third World Women's Literatures (en) |
Flora Alejandra Pizarnik, nada en Buenos Aires o 29 de abril de 1936 e finada na mesma cidade o 25 de setembro de 1972, foi unha poeta arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacida no seo dunha familia de inmigrantes xudeus rusos, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires e pintura con Juan Batlle Plans.
De 1960 a 1964, viviu en París, onde traballou na publicación Cuadernos e nalgunhas editoras. Estudou diversos cursos de historia da relixión e literatura francesa na Sorbona. Tamén publicou poemas e críticas en varios diarios e traduciu obras de Antonin Artaud, Henri Michaux, Aimé Césaire e Yves Bonnefoy, entre outros.
O 25 de setembro de 1972, durante unha fin de semana fóra do sanatorio psiquiátrico onde estaba internada, Pizarnik suicidouse aos 36 anos cunha sobredose de seconal.
Obra
[editar | editar a fonte]- La tierra más ajena (1955)
- La última inocencia (1956)
- Las aventuras perdidas (1958)
- Árbol de Diana (1962)
- Los trabajos y las noches (1965)
- Extracción de la piedra de locura (1968)
- El infierno musical (1971)
- La condesa sangrienta (1971)
Publicacións póstumas
[editar | editar a fonte]- El deseo de la palabra (1975). Selección de poemas e textos críticos que Alejandra planeou con Antonio Beneyto e Martha I. Moia
- Una noche en el desierto (1978)
- Entrevistas (1978)
- Zona prohibida (1982). Debuxos e poemas, moitos deles borradores de pezas publicadas en Árbol de Diana
- Poemas (1982)
- Textos de Sombra y últimos poemas (1982)
- Correspondencia Pizarnik (1998)
- Obras completas (2000)
- Poesía completa (2000)
- Prosa completa (2002)
- Diarios (2003)