Lua (linguaxe de programación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lua")
Lua
Lua-logo-nolabel.svg
Paradigma: multiparadigma: imperativa e funcional
Data: 1993
Deseñador: Roberto Ierusalimschy,
Waldemar Celes,
Luiz Henrique de Figueiredo
Última versión: 5.3.4
Tipo de dato: forte, dinámico, pato
Postas en funcionamento: C
Dialectos: Metalua, Idle, GSL Shell
Influído por: C++, CLU, Modula, Scheme, SNOBOL
Influíu: Falcon, GameMonkey, Io, JavaScript, Julia, MiniD, Red, Ring, Ruby, Squirrel, MoonScript
Sistema operativo: Multiplataforma
Licenza de software: MIT
Web: www.lua.org

Lua (do termo galego/portugués lúa) é unha linguaxe de programación lixeira, multiparadigma e deseñada para clientes e sistemas embebidos.[1] Lua é unha linguaxe multiplataforma cun intérprete en ANSI C[2] e unha API relativamente sinxela en C.[3]

Lua deseñouse en 1993 como linguaxe que ampliase aplicacións e fose cubrindo as demandas de personalizacion das aplicacións. Ten as características esenciais da meirande parte das inguaxes procedurais máis sen características específicas de dominio. Ten mecanismos para facilitar engadir funcións ampliar a capacidade da linguaxe. Está deseñada para ser unha linguaxe áxil, portable, extensible e fácil de usar.

Historia[editar | editar a fonte]

Lua creouna Roberto Ierusalimschy, Luiz Henrique de Figueiredo e Waldemar Celes, membros do "Grupo de Tecnoloxía en Computación Gráfica"[4] da Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro en 1993. Comezaron a deseñala nun proxecto de Petrobras.

Ata a versión 5.0 Lua tivo unha licenza do grupo BSD pero logo déuselle a licenza MIT, que é compatible coa licenza GPL.

Características[editar | editar a fonte]

Lua é unha linguaxe de programación lixeira e que pretende ten unha ampla funcionalidade. Lua é unha linguaxe de propósito xeral. Combina programación dinámica eprocedural para a descrición de datos, que van en táboas asociativas e cunha semántica extensible. Con iso é linguaxe axeitada para scripting e prototipado áxil.

Lua permite engadir extensións e conectala a diferentes plataformas. As variables non teñen un tipo: só os datos poden ser lóxicos, enteiros, números con punto flotante ou cadeas. A estrutura dos datos realízase empregando como matrices, conxuntos, táboas hash, listas e rexistros. As táboas permiten a combinación destes elementos. A semántica de Lua pódese ampliar con metatáboas, que son funcións que estruturan os conxuntos de datos. Ten un soporte para funcións de orde superior e colleita de lixo. Así, Lua é unha linguaxe que orientada a obxectos.

As aplicacións escritas en Lua interprétanse tras unha compilación e execútanse en máquinas virtuais. Conta cun compilador denominado JIT.[5]

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Lua empregase en boa parte como linguaxe de scripting no desenvolvemento de videoxogos, en parte pola facilidade de embebela e un rendemento de execución satisfactorio. Gañou os concursos de linguaxe para videoxogos en 2003 en GameDev.net e en Front Line Award 2011. Empregouse en xogos como World of Warcraft ou en Half-Life 2.

Ten aplicacións en LuaTeX, que se emprega na compilación de ficheiros na linguaxe TeX. O xestor de xanelas Ion de escritorio empregou tamén esta linguaxe. Fixérono tamén os sistema de paquetes RPM de Conectiva Linux e aplicacións como os simuladores Astronómico Celestia.

Exemplo de código[editar | editar a fonte]

print "Ola mundo!"

A función factorial recursiva:

function factorial(m)
    if m == 0 then
        return 1
    else
        return m * factorial (m - 1)
    end
end

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ierusalimschy, Roberto; de Figueiredo, Luiz Henrique; Filho, Waldemar Celes (June 1996). "Lua—An Extensible Extension Language". Software: Practice and Experience 26 (6): 635–652. doi:10.1002/(SICI)1097-024X(199606)26:6<635::AID-SPE26>3.0.CO;2-P. 
  2. "About Lua". Lua.org. 
  3. Yuri Takhteyev (21 de abril de 2013). "From Brazil to Wikipedia". Foreign Affairs. 
  4. Tecgraf/PUC-Rio, Unidade EMBRAPII (Associação Brasileira de Pesquisa e Inovação Industrial). "Tecgraf/PUC-Rio". 
  5. http://luajit.org (eds.). "LuaJIT - Just-In-Time Compiler (JIT)". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ierusalimschy, Roberto; Figueiredo, Luiz Henrique de; Celes, Waldemar. Lua Reference manual. Rio de Janeiro: Lua.org, 2006. 103 p. ISBN 85-903798-3-3
  • Ierusalimschy, Roberto. Programming in Lua. Rio de Janeiro: Lua.org, 2006. 252 p. ISBN 85-903798-2-5
  • Jung, Kurt; Brown, Aaron. Beginning Lua Programming. Indianapolis: Wiley Publishing, 2007. 644 p. ISBN 0-470-06917-2

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]