Skopje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°0′N 21°26′L / 42.000, -21.433

Skopje
Скопје
Flag of Skopje, North Macedonia.svg
Coat of arms of Skopje.svg
Landmarks of Skopje.JPG
Vistas da cidade.
Localización
Skopje en Macedonia do Norte
Skopje
Skopje
PaísMacedonia do Norte Macedonia
Xeografía
Altitude240 msnm
Superficie1.854 km²
Demografía
Poboación506.926 hab. (2002)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeKoce Trajanovski
www.skopje.gov.mk

Skopje (en macedonio: Скопје ou Skopje; en albanés: Shkup) é a capital e a maior cidade de Macedonia do Norte. No período romano era coñecida baixo o nome de Skupi. A cidade desenvolveuse rapidamente trala fin da segunda guerra mundial, aínda que esta tendencia rematou en 1963, ano no que foi esnaquizada por un gran tremor de terra.

Hoxe en día Skopje é unha cidade moderna con interese polos monumentos culturais do pasado. A cidade atópase no curso superior do río Vardar nunha ruta principal na península balcánica, entre Belgrado e Atenas. A cidade ten unha poboación de 515.419 habitantes (censo de 2002). É un importante centro siderúxico, así como das industrias química, madeireira, téxtil e publicitaria. O desenvolvemento industrial da cidade foi acompañado por un desenvolvemento intensivo dos sectores do comercio e da banca, así como por unha énfase nos campos da cultura e do deporte.

Segundo o censo nacional de 2002, a poboación de Skopje era de 506.926 habitantes. O grupo étnico principal é o dos macedonios, que constitúen o 66,75 % da poboación, seguido polos albaneses (20,49 %), xitanos (4,63 %), serbios (2,82 %), turcos (1,7 %), bosníaco (1,5 %) e romaneses (0,5 %).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.