Ícaro
Ícaro é un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Dédalo.
Relato[editar | editar a fonte]
Co fin de encerrar ao Minotauro, Minos, rei da Illa de Creta, pediulle ao enxeñoso ateniense Dédalo, inventor da machada e da serra, que construíra un labirinto do que non fora posible saír.
Máis tarde faille construír tamén unha torre cunha cela no alto e, sentíndose traizoado, en castigo por colaborar con Pasifae e con Ariadna nos seus plans, Minos pecha na cela ao seu propio construtor, Dédalo, e ó seu fillo Ícaro.
Cunhas ás fabricadas con plumas de paxaros e a cera dunhas candeas, Dédalo e Ícaro logran saír da cela, mais, a pesar das advertencias do seu pai, Ícaro abeirarse demasiado ó sol o que provoca que a cera se derreta e o rapaz se precipite ao mar e morra. Porén, o pai logra concluír a fuxida e chegar primeiro a Cumas e logo a Sicilia.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ECHEVERRÍA, Rafael (2008). Raíces de sentido. Ediciones Granica S.A. (en castelán). ISBN 950-641-511-0.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ícaro |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Libro VIII das Metamorfoses de Ovidio (en latín). |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- MIRAND, Félix (1965), Mitología General, Editorial Labor S.A., Barcelona (en castelán).