Lisístrata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lisístrata (en grego Λυσιστράτη) é unha comedia teatral escrita polo dramaturgo da Grecia clásica Aristófanes.

Ademais do seu valor literario, a obra ten un gran interese histórico, xa que grazas a elas pódese coñecer a vida cotiá dos atenienses. O autor protestou con frecuencia contra a guerra do Peloponeso. En Lisístrata, Os acarnienses e A paz defendeu as solucións pacíficas contra os demagogos que impulsaban ó pobo á guerra.

Argumento[editar | editar a fonte]

Lisístrata (cuxo nome significa "a que disolve os exércitos"), é a muller dun soldado ateniense, que cansa das continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras polis gregas, reúne ás mulleres de ámbolos dous bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. A idea non gusta en principio, pero logra convencer a tódalas mulleres da Polis para que non copulen cos seus esposos ata que se chegue a un acordo de paz. Ó final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, firman a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Mulleres: Lisístrata; Cleónica (Kalonike); Mirrina; Lampitó; Coro de vellas; outras.
  • Coro de vellos.
  • Conselleiro.
  • Cinesias.
  • Neno de Cinesias.
  • Heraldo Espartano.
  • Prítanis.
  • Espartano.
  • Ateniense.

Repercusión[editar | editar a fonte]

Lisístrata converteuse nun símbolo do esforzo organizado e pacífico en favor da paz. É por isto que se usou o nome para o Lysistrata project (Proxecto Lisístrata), un acto teatral levado a cabo o luns 3 de marzo de 2003 de maneira simultánea en máis de 42 países a favor da paz. Ese día miles de persoas participaron en aproximadamente 700 lecturas dramatizadas da obra, que se realizaron a beneficio de organizacións sen ánimo de lucro que traballan pola paz e que ofrecen axuda humanitaria.

Foi adaptada a cómic en 1987 por Ralf König baixo o título de Lysistrata, e levada ó cine en 2002 por Francesc Bellmunt baixo o título de Lisístrata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]