Xavier Lama
Francisco Xavier Lama López, nado en Santa Euxea, Guntín, o 12 de xullo de 1962, é un escritor e xornalista galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou Ciencias da Información en Madrid e foi un rostros coñecidos dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Mirador de la Complutense, Air France para novos periodistas, o Premio Galicia de Comunicación en 1989 e a Pluma de Ouro do I Premio Borobó en 2009.
Como escritor iniciouse con textos dramáticos e poéticos, pero tamén escribe narrativa. Recibiu varios premios literarios, como o Rafael Dieste (1995) e o Camiño de Santiago-Premio Xacobeo de teatro (1993), ou o Álvaro Cunqueiro de narrativa (1995). No ano 2008 gañou o premio González Garcés de poesía tras impugnar a primeira decisión do xurado, que recaera nunha obra de Eduardo Estévez que xa fora publicada, parcialmente, nun seu blog [1][2].
[editar] Obras
[editar] Teatro
- O peregrino errante que cansou ó demo (1995, Xunta de Galicia).
- O serodio remordemento do amor (1996, Deputación da Coruña).
[editar] Poesía
- O fotógrafo Helmut Newton ten unha visión da eternidade (2003, publicado en internet).
- Tigres como Fausto con ollos de bruma (2006, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
- Melancolía líquida da idade das vacas (2008, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
- Cabalos do alén na cidade das fábulas (2009, Deputación da Coruña).
[editar] Narrativa
- Os moradores da nada (1995, Galaxia).
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Os reloxos preguiceiros de Néboa (2011, Xerais).
[editar] Obras colectivas
- Memoria de Antígona, con Quico Cadaval (1998, Xunta de Galicia).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
[editar] Premios
- Premio Camiño de Santiago de teatro en 1993, por O peregrino errante que cansou ó demo.
- Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa en 1995, por Os moradores da nada.
- Premio Rafael Dieste en 1995, por O serodio remordemento do amor.
- Accésit do Premio Esquío no 2006, por Tigres como Fausto con ollos de bruma.
- Premio Esquío de poesía no 2008, por Melancolía líquida da idade das vacas.
- Premio Miguel González Garcés no 2008, por Cabalos do alén na cidade das fábulas.
- V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2010, por Os reloxos preguiceiros de Néboa.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na bvg (en galego)
- Ficha do autor na AELG (en galego)
- Páxina do autor na Editorial Galaxia (en galego)