Lobos de Arga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lobos de Arga | |
|---|---|
| Título orixinal | Lobos de Arga |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Juan Martínez Moreno |
| Produtor | Tomás Cimadevilla |
| Guión | |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Gorka Otxoa Carlos Areces Secun de la Rosa Manuel Manquiña Luis Zahera Mabel Rivera |
| Música | Sergio Moure |
| Fotografía | Carlos Ferro |
| Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
| Estudio | Telespan 2000 Vaca Films, S.L. |
| Distribuidor | |
| Ano | 2011 |
| Duración | |
| País | España |
| Xénero | Terror e comedia |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Lobos de Arga é unha película española de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia.
Índice |
Argumento [editar]
No ano 1910 a Marquesa dos Mariño de Arga (Galicia) recibiu unha maldición dunha xitana sentenciada a morte pola propia marquesa. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, ademais de que os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos.
Un século despois, o ultimo descendente dos Mariño, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor mediocre, regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe sen saber que a "honra" é ser sacrificado nun ritual no que debe alimentar á besta co seu propio sangue para acabar coa maldición.
Reparto [editar]
- Gorka Otxoa como Tomás Mariño
- Carlos Areces como Calixto
- Secun de la Rosa como Mario
- Manuel Manquiña como Evaristo
- Luis Zahera como Sarxento da Garda Civil
- Mabel Rivera como Avoa de Tomás Mariño
- Coté Soler como Garda Civil
- Marcos Ruíz como Diego
- Xosé Manuel Olveira Pico como Dono do bar
- Dorotea Bárcena como Muller do dono do bar
- Xulio Lago como Home cego
- Ramsés como Vito, o can
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2011: Premio do Público á mellor longametraxe da Semana de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián.
- 2012: Premio do Público no Dead by Dawn Horror Film Festival (Escocia).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Lobos de Arga na IMDb (en inglés). (en inglés)
- Web oficial da película (en castelán)
- Vídeos da rodaxe en rtve.es (en castelán)
- Ficha no soportal do audiovisual galego.