Walker Kessler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walker Kessler
Utah Jazz – No. 24
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 26 de xullo de 2001 (22 anos)
Atlanta, Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Woodward Academy
(College Park, Georgia)
Universidade North Carolina (2020–2021)
Auburn (2021–2022)
NBA Draft 2022 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Memphis Grizzlies
Carreira dende 2022
Historial de equipos
Utah Jazz (2022–presente)

Walker Ross Kessler, nado o 26 de xullo de 2001 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Kessler foi seleccionado na 22ª posición do Draft da NBA de 2022 polos Memphis Grizzlies, pero saíu traspasado ós Minnesota Timberwolves xunto a TyTy Washington e Jake LaRavia.[1] O 6 de xullo de 2022, os Timberwolves traspasaron a Kessler ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[2] O 9 de xullo de 2022, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Timberwolves Acquire Draft Rights to Center Walker Kessler from Memphis Grizzlies". NBA.com. 24 de xuño de 2022. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  2. "Minnesota Timberwolves Acquire Center Rudy Gobert from Utah Jazz". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-06. 
  3. "Utah Jazz Sign Walker Kessler". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]