Collin Sexton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Collin Sexton
Utah Jazz – No. 2
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 4 de xaneiro de 1999 (25 anos)
Marietta, Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Hillgrove
(Powder Springs, Xeorxia)
Pebblebrook
(Mableton, Xeorxia)
Universidade Alabama (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Cleveland Cavaliers
Carreira dende 2018
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2018–2022)
Utah Jazz (2022–presente)

Collin Darnell Sexton, nado o 4 de xaneiro de 1999 en Marietta, Xeorxia, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA). Con 1,85 metros de estatura xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 21 de xuño de 2018, Smith foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 8ª posición do Draft da NBA de 2018. Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na derrota dos Cavaliers por 104–116 contra os Toronto Raptors.[1] Na súa segunda tempada na liga, foi chamado para xogar o Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2020, substituíndo por lesión a Tyler Herro.[2]

O 1 de setembro de 2022, Sexton foi traspasado xunto a Lauri Markkanen, Ochai Agbaji, tres eleccións da primeira rolda do Draft e dous intercambios de eleccións do Draft ós Utah Jazz, a cambio de Donovan Mitchell.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Newcomer Kawhi Leonard scores 24 as Raptors beat Cavaliers". ESPN.com. 17 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  2. release, Official. "Cavaliers' Collin Sexton to replace Heat's Tyler Herro in 2020 NBA Rising Stars". NBA.com. Consultado o 2020-06-13. 
  3. "Cavs Acquire Three-Time All-Star Donovan Mitchell". NBA. NBA.com. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  4. "Cleveland Cavaliers acquire Utah Jazz star Donovan Mitchell in blockbuster trade". ESPN. Consultado o 3 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]