Kelly Olynyk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kelly Olynyk
Toronto Raptors – No. 41
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 19 de abril de 1991 (33 anos)
Toronto, Ontario
Nacionalidade Canadá
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 108 kg (238 lb)
Información da carreira
Instituto South Kamloops
(Kamloops, British Columbia)
Universidade Gonzaga (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Dallas Mavericks
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Boston Celtics (2013–2017)
Miami Heat (2017–2021)
Houston Rockets (2021)
Detroit Pistons (2021–2022)
Utah Jazz (2022–2024)
Toronto Raptors (2024–presente)

Kelly Tyler Olynyk, nado o 19 de abril de 1991 en Toronto, Ontario, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2013, Olynyk foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Dallas Mavericks, e foi traspasado inmediatamente ós Boston Celtics a cambio dos dereitos de Lucas Nogueira e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[1] O 7 de xullo de 2013, asinou un contrato de rookie cos Celtics.[2]

O 6 de febreiro de 2014, Olynyk foi elixido para disputar o Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2014.[3]

O 7 de xullo de 2017, Olynyk asinou un contrato de catro anos cos Miami Heat.[4]

O 25 de marzo de 2021, Olynyk foi traspasado xunto a Avery Bradley e un intercambio de eleccións do Draft de 2022 ós Houston Rockets, a cambio de Victor Oladipo.[5]

O 6 de agosto de 2021, Olynyk asinou cos Detroit Pistons.[6]

O 26 de setembro de 2022, os Pistons traspasaron a Olynyk xunto a Saben Lee ós Utah Jazz, a cambio de Bojan Bogdanović.[7]

O 8 de febreiro de 2024, os Jazz traspasaron a Olynyk xunto a Ochai Agbaji ós Toronto Raptors, a cambio de Otto Porter Jr. and Kira Lewis Jr..[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Celtics Acquire Olynyk, Iverson
  2. "Celtics Sign Olynyk". NBA.com. July 7, 2013. Consultado o July 7, 2013. 
  3. "Hometown star Davis is top pick for BBVA Compass Rising Stars Challenge". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  4. "HEAT Signs Kelly Olynyk". NBA.com. 7 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  5. "Rockets Complete Trade with Miami". NBA.com. 25 de marzo de 2021. 
  6. "Detroit Pistons Sign Free Agents Kelly Olynyk, Trey Lyles and Restricted Free Agent Saben Lee". NBA.com. 6 de agosto de 2021. 
  7. Treasure, Angie (26 de setembro de 2022). "Utah Jazz Acquire Kelly Olynyk, Saben Lee, and Cash Considerations". National Basketball Association. Consultado o 27 de setembro de 2022. 
  8. "Utah Jazz Acquire Kira Lewis Jr., Otto Porter Jr., and a Future Draft Pick from Toronto Raptors". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]