Jordan Clarkson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordan Clarkson
Utah Jazz – No. 00
Posición Base / Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 7 de xuño de 1992 (31 anos)
Tampa, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 84 kg (186 lb)
Información da carreira
Instituto Wagner (San Antonio, Texas)
Universidade Tulsa (2010–2012)
Missouri (2013–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Washington Wizards
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2014–2018)
Los Angeles D-Fenders (2014–2015)
Cleveland Cavaliers (2018–2019)
Utah Jazz (2019–presente)
Premios e galardóns
1º Equipo All-Rookie NBA (2015)
Información en nba.com

Jordan Taylor Clarkson, nado o 7 de xuño de 1992 en Tampa, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, Clarkson foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Washington Wizards. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Los Angeles Lakers.[1][2] O 25 de agosto de 2014, asinou un contrato de rookie cos Lakers. Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi incluído no mellor equipo de rookies da NBA.[3]

O 8 de febreiro de 2018, Clarkson foi traspasado xunto a Larry Nance, Jr. ós Cleveland Cavaliers a cambio de Isaiah Thomas, Channing Frye e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018.[4]

O 24 de decembro de 2019, Clarkson foi traspasado ós Utah Jazz a cambio de Dante Exum e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[5]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014–15 LA Lakers 59 25.0 .448 .314 .829 3.2 3.5 0.9 0.2 11.9
2015–16 LA Lakers 79 32.3 .433 .347 .804 4.0 2.4 1.1 0.1 15.5
2016–17 LA Lakers 82 29.2 .445 .329 .798 3.0 2.6 1.1 0.1 14.7
2017–18 LA Lakers 53 23.7 .448 .324 .795 3.0 3.3 0.7 0.1 14.5
2017–18 Cleveland 28 22.6 .456 .407 .810 2.1 1.7 0.7 0.1 12.6
2018–19 Cleveland 81 27.3 .448 .324 .844 3.3 2.4 0.7 0.2 16.8
2019–20 Cleveland 29 23.0 .442 .371 .884 2.4 2.4 0.6 0.3 14.6
Total 411 27.2 .444 .338 .821 3.2 2.7 0.9 0.1 14.7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lakers Acquire Draft Rights to Jordan Clarkson". NBA.com. 26 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  2. "Lakers Introduce Jordan Clarkson". NBA.com. 7 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  3. Walentik, Steve (18 de maio de 2015). "Clarkson named to NBA All-Rookie first team". Columbia Daily Tribune. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  4. "Cavaliers Acquire Jordan Clarkson and Larry Nance Jr. From Lakers". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  5. "Utah Jazz acquire guard Jordan Clarkson". NBA.com. 24 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2019. Consultado o 24 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]