San Tomé, Illas Virxes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Saint Thomas")
San Tomé, Illas Virxes
Vista da illa
Vista de Charlotte Amalie
Datos
Capital Charlotte Amalie
País Estados Unidos
Localización Mar Caribe
Arquipélago
Linguas
Poboación (2000) 51.181 hab.
Superficie 80´9 km²
Densidade
Coordenadas 18°20′N 64°55′W / 18.333°N 64.917°W / 18.333; -64.917
Maior Altura 474 m. Monte Crown
Localización
Localización  da illa
Vista de Santo Tomás nos anos 1900

San Tomé (Saint Thomas en inglés), illa situada no Mar Caribe. É a principal illa das Illas Virxes dos Estados Unidos e nela sitúase a principal cidade, Charlotte Amalie.

Divisada en 1493 por Cristovo Colón, a presenza de Dinamarca estableceuse en 1666, controlando toda a illa en 1672 por parte da Compañía Danesa das Indias Occidentais. A colleita da cana de azucre converteuse na principal actividade económica, utilizando principalmente man de obra de escravos.

En 1685, o comercio de escravos foi dominado pola Compañía Americana de Brandenburgo, establecendo un dos lugares de venda de escravos máis grande do mundo. En 1961, o principal asentamento foi renombrado como Charlotte Amalie en honra á esposa de rei Cristián V, o cal foi declarado posteriormente como "porto libre" polo rei Federico V.

A comezos do Século XIX, o comercio do azucre entrou nun período de decadencia debido á competencia dos Estados Unidos e a destrución provocada por múltiples furacáns. En 1848, foi abolida a escravitude, provocando un aumento no custo da man de obra agrícola.

A posición estratéxica da illa levou a que nos anos 1860, os Estados Unidos pensasen en comprar a illa, algo que só sucedeu en 1917. Trala Segunda Guerra Mundial e o embargo imposto a Cuba, Santo Tomás converteuse nun lugar de importancia turística, a pesar da destrución provocada por diversos furacáns en 1989 e 1995.

O Aeroporto Internacional Cyril E. King atópase situado na illa.

Localización de San Tomé, Illas Virxes
Bandeira das Illas Virxes Americanas