José María Ruiz-Mateos
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931, é un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Está casado con Teresa Rivero e ten trece fillos, seis homes e sete mulleres.
Traxectoria [editar]
José María Ruiz-Mateos comezou a súa carreira empresarial cando só era un mozo, exportando viño a Inglaterra. Posteriormente fundou o holding Rumasa (230 empresas, 65.000 empregados). Pertence por liña materna ao Ilustre Solar de Tejada, corporación nobiliaria máis antiga do Reino de España.
Expropiación de Rumasa [editar]
O 23 de febreiro de 1983 Rumasa foi expropiada polo goberno español do PSOE, presidido por Felipe González. O goberno alegou que Rumasa evitou pagos a Facenda durante anos, por un custo de varios millóns de pesetas. Tamén considerou que Rumasa estaba en bancarrota virtual, manténdose exclusivamente do amaño dos libros de contabilidade da empresa.
Ruiz-Mateos estivo en desacordo coa expropiación e demandou xudicialmente ao goberno, solicitando unha indemnización. Foi ao cárcere baixo a acusación de evasión de divisas, fraude e apropiación indebida.
En maio de 1989, Ruiz-Mateos propinou un puñazo na testa ao que fora Ministro de Facenda no intre da expropiación, Miguel Boyer, á saída do Xulgado de Instrución número 7 de Madrid.