Quimera (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quimera grega.
Quimera na decoración externa da Catedral de Nôtre Dame de París.

Na mitoloxía grega, Quimera (en grego antigo Χίμαιρα Chímaira, que significa "animal fabuloso"; a través do latín Chimæra) era un monstro horrendo, filla de Tifón e de Equidna, que vagaba polas rexións de Asia Menor aterrorizando ás poboacións e engulindo animais e rabaños enteiros. Foi a nai, con Ortro da Esfinxe e do León de Nemea.

As súas descricións varían desde as que dicían que tiña o corpo dunha cabra, os cuartos traseiros dunha serpente ou un dragón e a cabeza dun león, até as que afirmaban que tiña tres cabezas: unha de león, outra de macho cabrío, que lle salía do lombo, e a última de dragón, que nacía na cola. Todas as descriciónes coinciden, porén, en que vomitaba fogo por unha ou máis das súas cabezas e polo traseiro. Era sumamente rápida.

Quimera foi derrotada finalmente por Belerofonte coa axuda de Pegaso, o cabalo alado, ás ordes do rei Iobates de Licia. Hai varias descricións da súa morte: algunhas din simplemente que Belerofonte a atravesou coa súa lanza, mentres que outras sosteñen que a matou cubrindo a punta da lanza con chumbo que se fundiu ao ser exposto á ardente respiración de Quimera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quimera

Outros artigos[editar | editar a fonte]