Dodecateísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dodecateísmo
Cerimonia de culto helénico no 2010.
Templo helénico moderno en Tesalónica.

O dodecateísmo, tamén coñecido como neohelenismo ou neopaganismo helénico é unha modalidade de neopaganismo centrada nos deuses, crenzas e prácticas da relixión da Grecia antiga, así como na recuperación das antigas tradicións e filosofía precristiás.[1]

En 2017, o helenismo foi legalmente recoñecida como "relixión coñecida" en Grecia.[2]

Relixió helénica antiga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Relixión da Grecia antiga.

A relixión na Grecia antiga era unha práctica politeísta que se desenvolveu ó redor do mar Exeo, a partir do período micénico no -1200 e que continúa ata o período helénico entre os séculos -II e IV, e durante os primeiros séculos da dominación do Imperio romano. Esta ampla práctica do politeísmo remata coa política establecida polo emperador romano Teodosio a finais do século IV.

Dodecateísmo moderno ou neohelenismo[editar | editar a fonte]

O neohelenismo é un movemento cultural posmoderno e poscristián activo en Grecia e noutras zonas do mundo, particularmente nos Estados Unidos. O fenómeno neohelénico presenta recuperacións moi variadas, en particular antropolóxicas, sociolóxicas e relixiosas. O movemento neohelénico leva canda si determinadas ideas sociolóxicas e antropolóxicas que cobren varios campos da visión humana do mundo, da valoración da figura feminina na sociedade, e unha idea de política moi semellante á da Grecia antiga.

Os grupos dodecateicos neohelénicos caracterízanse por unha sólida base común. En Grecia, a organización "Ύπατο Συμβούλιο των Ελλήνων Εθνικών" (Consello Supremo de Gregos Xentís),[3] refírense a esta relixión como "Ελληνική Εθνική Θρησκεία" (Relixión Nacional Grega). As principais organizacións de neohelenistas son: o Concello Supremo de Gregos Xentís e a Sociedade de Amigos de Áticos, que aseguran ter entre ambos uns 40.000 membros.

Persecución[editar | editar a fonte]

En Grecia, a relixión oficial do Estado é a Igrexa Ortodoxa Grega. A lei grega establece unha multa elevada por predicar calquera relixión sen permiso, aínda que no 2004, a Corte Suprema deulle ó xudaísmo e ó islam o status de relixións aceptadas, pero non así ó neopaganismo helénico. Porén, a Corte estableceu no 2006 que o paganismo heleno debía deixar de estar prohibido, o cal permitiulles ós neopagáns gregos deixar de ser unha relixión ilegal. O presidente da Comunidade de Sacerdotes Gregos, Eustathios Kollas declarou que: "Son un feixe de miserables resucitadores dunha dexenerada relixión morta que desexan regresar ás alucinacións do escuro pasado".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]