Ortro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ortro morto ós pés de Heracles (á esquerda, coa pel do león de Nemea) e de Xerión (á dereita). Nótense as dúas cabezas de Ortro (510-500 a. C., Colección Estatal de Antigüidades, Múnic)

Ortro ou Orto [1] era un can monstruoso, con dúas cabezas, irmán de Cérbero (este, de tres cabezas). Era fillo, como Cérbero, de Equidna e Tifón.

Uníndose á súa nai, Equidna, enxendrou á Esfinxe. Segundo Hesíodo, tiveron a Fix (un monstro que causaba estragos entre os cadmeos) e o León de Nemea (a quen tamén matou Heracles) [2].

Morto por Heracles[editar | editar a fonte]

Pertencía ó xigante Xerión, a quen llo dera Atlas, o seu primeiro dono. Servía como can de garda do pastor Euritión, que alindaba as afamadas vacas vermellas de Xerión na illa Eritia.

O décimo traballo que ordenou Euristeo a Heracles foi traerlle as as vacas vermellas de Xerión. Tras diversas aventuras chegou á illa Eritia. Ortro ventouno axiña e abalanzouse sobre el, pero Heracles matouno dun golpe da súa maza. Euritión acudiu a axudar ó can, pero tamén morreu ás mans de Heracles. Finalmente, matou a Xerión e roubou o gando, regresando a Grecia.

"Cando chegou a Eritía acampou no monte Abante; o can, en canto o sintiu, arremeteu contra el, pero Heracles golpeouno coa maza e deu morte ó boieiro Euritión, que acudira en auxilio do can".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 5, 10)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ortro, segundo Grimal, s. v. Ortro; Orto, segundo Pseudo-Apolodoro (II, 5, 10) e Hesíodo (Teogonía 294, 310).
  2. Hesíodo: Teogonía 327-328.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Ortro.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].