Eos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eos (1895) de Evelyn De Morgan.

Na mitoloxía grega, Eos (do grego Ἠώς, ou Ἕως), "amencer", é unha dos titáns e a deusa da alborada, que sae cada mañá do seu fogar no borde do Océano para anunciar ó seu irmán Helios, o Sol.

Eos era filla de Hiperión e Tea (ou Palas e Estixia) e irmá de Helios e Selene (a Lúa), «que brilla sobre todos os que están na Terra e sobre os immortais deuses que viven no amplo ceo», en verbas de Hesíodo (Teogonía 371-374).

A adoración da alborada como deusa foi herdada dos tempos indoeuropeos. O seu equivalente na mitoloxía romana era Aurora («Eos» é un conato do latín «Aurora» e do sánscrito (védico) Ushás ‘Aurora’,[1] sánscrito Uṣánas ‘estela da alba, Venus’),[2]e na mitoloxía etrusca Thesan. A alborada asociouse na relixión romana con Matuta, máis tarde coñecida como Mater Matuta e tamén asociada cos portos marítimos.

Tiña un templo no Foro Boario. O 11 de xuño celébrase a Matralia neste templo na honra de Mater Matuta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. sànscrit उषस् ushás. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, pàg. 220, col. 1.
  2. Cf. sànscrit Uṣánas. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, S. 219, col. 3