Ofrenda votiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha ofrenda votiva é un obxecto deixado nun lugar sagrado por motivos rituais. Estes obxectos son unha características de sociedades modernas e antigas, e adoitan facerse para gañar o favor de forzas sobrenaturais, como testemuñan as fontes históricas gregas e romanas, se ben actos semellantes seguen a facerse na actualidade, como os pozos dos desexos ou as chamas votivas.

Ofrendas en Europa[editar | editar a fonte]

As ofrendas máis antigas datan do neolítico, con tesouros de machados puídos, e acadaron o seu apoxeo a finais da Idade do Bronce. Artefactos valiosos como espadas e puntas de lanza eran soterrados ou arroxados en masas de auga, de xeito que non puidesen ser recuperados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ofrenda votiva

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]