Hecatonquiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega os Hecatonquiros ou Hecatonqueros (en grego Έκατόνχειρες Hekatonkheires ou Έκατόνταχειρας Hekatontakheiras, 'os de cen mans'), coñecidos tamén como Centimanos (do latín Centimani), eran xigantes con cen brazos e cincuenta cabezas, fillos de Gaia e Urano. O seu pai arroxounos ao Tártaro, pero foron rescatados por Crono, ao que axudaron a castrar e derrocar a Urano. Tras axudar a Crono, este encerrounos de novo no Tártaro, onde permaneceron gardados por Campe ata que Zeus os rescatou. Durante a Guerra dos Titáns, arroxaban rocas de cen en cen aos Titáns.

Ao terminar a guerra os Hecatonquiros establecéronse en palacios no río Océano, converténdose nos gardiáns das portas do Tártaro, onde Zeus encerrara aos Titáns. Na Ilíada hai unha historia, que non se atopa en ningún outro sitio, que conta que nalgún momento os deuses estaban intentando derrocar a Zeus, e este chegou a ser encadeado por Hera, Atenea e Poseidón, pero fracasaron cando Tetis invocou aos Hecatonquiros e estes acudiron na súa axuda. Ás veces considéraselles deidades do mar, e poida que proveñan dos pentekonter, barcos con cincuenta remeiros.

Os Hecatonquiros eran Briareo ('forte'), Giges e Coto. Homero tamén se referiu a Briareo como Exeón ('cabruno'), aínda que este era tamén o nome dun deus do mar diferente.

Fontes[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hecatonquiros