Pegaso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía grega Pegaso (en grego Πηγασος) era un cabalo alado.
Pegaso naceu do sangue derramado por Medusa cando Perseo lle cortou a cabeza. É totalmente branco e ten dúas ás que lle permiten voar. Unha característica do seu voo é que cando o realiza, move as patas coma se en realidade estivese correndo polo aire.
Segundo as fontes clásicas, Perseo non chegou a voar montando a Pegaso, posto que o facía grazas a unhas sandalias aladas, con todo, moitos artistas renacentistas representárono voando neste cabalo.
Belerofonte encarna o defecto da excesiva ambición. Cando por fin consegue montar a Pegaso, non contento con isto obrígao a levalo ao Olimpo para converterse nun deus, pero Zeus, molesto pola súa ousadía, envía a un insignificante mosquito que pica o lombo de Pegaso e precipita ao baleiro a Belerofonte sen matalo, quedando eivado e condenado a vagar apartado do resto do mundo toda a súa vida recordando a súa gloria pasada.
A lenda de Pegaso pode influír na formación da figura do buraq na tradición islámica.
É un dos equinos máis soados da literatura xunto con Rocinante (cabalo de Don Quijote de la Mancha), Babieca (o de El Cid), Bucéfalo (o de Alexandre Magno) e o cabalo de Troia, entre outros.
[editar] Referencias contemporáneas
Pegaso foi un dos cabalos máis representados no cinema, do mesmo xeito que o unicornio, sendo seres extraordinarios que encaixan perfectamente nas películas de fantasía e ficción. Un exemplo é Legend.