Harpía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capitel na fachada da igrexa de San Francisco (Ourense).
Representación medieval dunha harpía.

As harpías ("ladroas" en grego), son fillas de Electra e Taumante, e irmás de Iris. Fermosas na súa xuventude, logo trocáronse en bestas coa forma de mulleres aladas e con gadoupas. Vivían na illa de Estrófades.

As dúas harpías orixinais eran Aelo (vento tempestuoso) e Ocípete (voo rápido), os romanos engadiron a Celeno (a escura). As tres, violentas e crueis, representaban ós ventos e ás tempestades. A súa fame era insaciable, e eran moi temidas polos navegantes.

Trala súa unión con Céfiro, deron a luz ós cabalos dos heroes Aquiles, Castor e Pólux.

A lenda conta que Fineo, rei da Tracia, revela mediante profecía certos segredos dos deuses, e Zeus, alporizado, condenouno ás illas Estrófades, cun manxar diario ó que nunca podía inca-lo dente, xa que as Arpías sempre lle roubaban a comida. Este castigo prolongouse ata a chegada de Xasón e os Argonautas, que conseguiron apresa-las harpías. En recompensa, Fineas revelou ós guerreiros como segui-lo camiño que lles conduciría ó vélaro de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harpía Modificar a ligazón no Wikidata