Puma
O puma é un mamífero da familia felidae, orixinario de América.
Índice |
[editar] Localización
Este gran felino solitario vive en máis lugares que calquera outro mamífero salvaxe terrestre do hemisferio occidental. Esténdese dende o Yukón, en Canadá, até o sur dos Andes de América do Sur. O puma é adaptable e xeralista, polo que se encontra nos principais biomas de toda América. Prefire hábitats con densa vexetación durante as horas de axexo, pero pode vivir en zonas abertas.
[editar] Características
É o segundo maior felino no Novo Mundo, despois do xaguar, e o cuarto máis grande do mundo, co leopardo, despois do tigre, o león, e o propio xaguar. O seu tamaño é maior que o do leopardo das neves, aínda que está máis emparentado cos pequenos felinos.
Como cazador e depredador de emboscada, o puma persegue unha ampla variedade de presas. O seu principal alimento son os ungulados coma o cervo, en particular na parte setentrional da súa área de distribución, pero tamén caza camélidos coma o guanaco e especies tan pequenas como insectos ou roedores. Trátase dun animal territorial cunha baixa densidade de poboación. Cada territorio dun puma dependerá da súa extensión, a vexetación, e a abundancia de presas. Aínda que é un gran depredador, non sempre é a especie dominante na súa área de distribución, como cando compite cos animais de presa como o lobo gris. Trátase dun felino solitario que polo xeral evita as persoas. É raro que un puma ataque un ser humano, aínda que se rexistrou un aumento na frecuencia nos últimos anos[1].
O puma foi considerado unha praga perigosa a partir da colonización europea de América. Sumado á progresiva ocupación humana dos hábitats do puma, significou que as poboacións diminuíron en moitas partes da súa media histórica. En particular, o puma extinguiuse na parte oriental de América do Norte, tirante un caso illado da subpoboación na Florida. Coa súa ampla distribución xeográfica, o puma ten decenas de nomes e é mencionado con diversas referencias na mitoloxía dos pobos indíxenas de América e tamén na cultura contemporánea.
[editar] Notas
- ↑ McKee, Denise (2003). «Cougar Attacks on Humans: A Case Report». Wilderness and Environmental Medicine: 169–73. Wilderness Medical Society.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- The Mountain Lion aka Cougar and Puma (en inglés)
- Mountain Lion Foundation of California (en inglés)