Felis
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Felis (homónimos).
| Felis | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gato doméstico de raza Maine Coon |
|||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
Felis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia Felidae. Tradicionalmente incluía a todas as especies de félidos vivintes, pero na actualidade restríxese a cinco especies, entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris], que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última.
Os membros do xénero Felis son de pequeno tamaño, posúen longos rabos e están adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenos paxaros e lagartos. A pesar da súa escasa especialización, a súa é unha das ramas máis derivadas dentro da árbore evolutiva dos felinos.
Especies [editar]
Véxase tamén [editar]
- Filoxenia dos felinos modernos (en castelán)
- Felis en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico. (en castelán)