Vladimir Gudelj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gudelj
Vladimir Gudelj.JPG
Información persoal
Nome completo Vladimir Gudelj
Nacemento 27 de novembro de 1966
Lugar Trebinje, Bosnia e Hercegovina
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1991 Velež Mostar
1991–1999 Celta de Vigo 234 (111)
1999–2001 Compostela 55 (19)
2002–2003 Hajduk Split
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Vladimir "Vlado" Gudelj, nado en Trebinje o 27 de novembro de 1966[1], Bosnia e Hercegovina, é un ex futbolista iugoslavo. Xogaba de dianteiro e militou, entre outros clubs, no Real Club Celta de Vigo onde chegou a ser máximo goleador da Segunda División do fútbol español.

Actualmente é o terceiro máximo realizador na historia do Celta en Primeira División con 68 goles. Debutou o 13 de setembro de 1992 en Balaídos, nun partido contra o Valencia CF, que terminou con empate (0–0). Ademais é un dos xogadores máis queridos e valorados pola afección celeste.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Velez da súa Mostar natal. Alí debutou na máxima categoría do fútbol balcánico no ano 1985 onde permanecería ata o ano 1991.

Desde a súa chegada a Vigo, Vlado Gudelj converteuse nun dos mellores xogadores da historia do club vigués. No Celta foi pichichi de Segunda División na tempada 1991–92. En Primeira foi máximo goleador do Celta nas tempadas 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96 e 1996–97. É o xogador que máis veces foi máximo goleador do Celta en toda a historia cun total de 6 veces. É o terceiro máximo goleador da historia do Celta en Primeira con 68 goles e é o cuarto máximo goleador da historia do Celta en calquera competición oficial con 111 goles.

Gudelj finalizou a súa carreira futbolística en España xogando para outro equipo galego: a Sociedad Deportiva Compostela, volvendo así á Segunda División que lle viu debutar 10 anos atrás. Nas dúas tempadas que xogou marcou 9 goles en cada unha delas. Foi máximo goleador da SD Compostela na tempada 2000–01, con 9 goles.

Finalmente, en 2002 volveu ós Balcáns para colgar as botas no Hajduk Split croata. En marzo de 2003, trala súa retirada, recibiu unha homenaxe en Vigo cun partido entre o Celta e o FC Porto, no que se impuxo este último. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Celta como Delegado de campo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Celta de Vigo

Individual[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]