Francisco Buyo
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Francisco Buyo Sánchez | ||
| Nacemento | 13 de xaneiro de 1958 (55 anos) | ||
| Lugar | Betanzos, Galicia | ||
| Altura | 1,79 m. | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1972–1973 | Ural | ||
| 1973–1975 | Betanzos | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1975–1976 | Mallorca | 16 | (0) |
| 1976–1980 | Deportivo da Coruña | 122 | (0) |
| 1978–1979 | → Huesca (cedido) | ||
| 1980–1986 | Sevilla | 199 | (0) |
| 1986–1997 | Real Madrid | 343 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1977 | España sub-20 | 3 | (0) |
| 1977–1978 | España sub-21 | 3 | (0) |
| 1979–1987 | España sub-23 | 4 | (0) |
| 1979–1983 | España amateur | 11 | (0) |
| 1980 | España B | 1 | (0) |
| 1983–1992 | España | 7 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Francisco Buyo Sánchez, nado en Betanzos o 13 de xaneiro de 1958, é un ex futbolista galego. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.
Índice |
Traxectoria[editar]
Nos seus comezos no Ural CF, Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo Betanzos CF, onde permaneceu ata a súa fichaxe polo Mallorca. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como porteiro o Deportivo de La Coruña, que entón xogaba na Segunda División, e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.
Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó Huesca mentras realizaba o servizo militar en Jaca. Na tempada 1980–81 deu o salto á Primeira División, fichando polo Sevilla, e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo do hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con España, defendendo os colores da selección no histórico partido España-Malta que daría o pase á escadra vermella para a Eurocopa de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.
A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o Real Madrid, que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste club recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou a plantilla merengue e colgou as botas.
Foi un dos porteiros máis seguros e espectaculares da Liga. Destacou especialmente en partidos como o disputado fronte á Juventus no Santiago Bernabéu na Copa de Europa de 1986–87. Xogou en total 542 partidos en Primera División, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos.
En 1998 concedéuselle a Medalla ó Mérito no Traballo. Actualmente é comentarista de partidos de fútbol para a TVE.
Palmarés[editar]
Club[editar]
- Real Madrid
- Liga de España (6): 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1994–95, 1996–97
- Copa do Rei (2): 1988–89, 1992–93
- Supercopa de España (4): 1988, 1989, 1990, 1993
País[editar]
- Eurocopa: Finalista 1984
Individual[editar]
- Trofeo Zamora (2): 1987–88, 1991–92
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Nados en 1958
- Nados en Betanzos
- Futbolistas galegos
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Betanzos CF
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Deportivo de La Coruña
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España