Anuta
| Anuta | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Mua village |
| País | Illas Salomón |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 300 hab. |
| Superficie | 0´37 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 11°36′39″S 169°51′1″E / 11.61083°S 169.85028°E. |
| Maior Altura | 65 m. |
| Localización | |
Anuta é unha pequena illa situada no sueste das Illas Salomón, no Océano Pacífico. Pertence á provincia de Temotu, e as súas coordenadas cartográficas son 11°21' de latitude sur e 169°30'36" de lonxitude leste.
A illa é de orixe volcánico, con fondos coralinos. O seu punto máis elevado tan só alcanza os 65 metros sobre o nivel do mar. O diámetro da illa é duns 400 metros.
A poboación en 2007 roldaba os 200 habitantes. Historicamente os habitantes da illa usaran a próxima illa de Fatutaka para a xardineria.
Do mesmo xeito que os habitantes da tamén illa das Salomón, Tikopia, os seus habitantes son de orixe polinesio, mentres que a maioría dos habitantes das Salomón son de orixe melanesio. Os habitantes de Anuta falan unha lingua samoana, unha rama das linguas polinesias.
En 2003, viuse afectada polos efectos do ciclón Zoe, do mesmo xeito que as illas de Fatutaka e Tikopia.