Rennell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rennell
Mugaba
Lago Tegano
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaRennell e Bellona
MarOcéano Pacífico
Coordenadas11°40′S 160°10′L / -11.667, -160.167
Xeografía
XeoloxíaAtol elevado
Superficie660´1 km²
Longura máxima86 km.
Largura máxima15
Perímetro196´7 km.
Punto máis alto154 m.
Demografía
CapitalTigoa
Poboación2.013 hab. (2009)
Densidade3´1 hab./km²

A illa Rennell, localmente coñecida como Mugaba, é a illa principal das dúas illas habitadas que conforman a provincia Rennell e Bellona das Illas Salomón. A illa Rennell ten unha superficie de 660 km². É o segundo atol de coral máis alto no mundo[1] e posúe o lago máis grande de todas as illas do Pacífico, o lago Tegano,[2] que está recoñecido como Patrimonio da Humanidade. A illa Rennell ten unha poboación de preto de 3.000 habitantes descendentes de polinesios que principalmente falan renbelian, pijin e inglés. As illas Rennell e Bellona son dúas das poucas illas das polinesias Illas Salomón clasificadas como melanesias (as outras son Sikaiana, Ontong Java, Tikopia, Anuta, Illas Duff e as Reef Islands).

A illa atópase a 236 km ao sur de Honiara e a 1900 km ao nordeste de Brisbane. A capital da provincia, Tigoa, está no extremo occidental da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

Entre o 2000 e 1600 antes de Cristo, fixeron a súa aparición os primeiros poboadores que pertencían á cultura Lapita. Unha segunda ocupación produciuse tanto en Rennell e Bellona ao redor de 130 a.C., con outra ocupación ao redor do 1.000 d.C.[3]

O último asentamento de Renbel ocorreu antes do 1400 d.C. por polinesios de Uvea (agora Illa Wallis). O Capitán Butler, do HMS Walpole descubriu as illas en 1801, logo de descubrir e bautizar a illa Walpole de Nova Caledonia. En 1933, o Expedición Templeton Crocker descubriu varias especies endémicas das illas. Durante a campaña do Pacífico na segunda guerra mundial hidroavións Rufe xaponeses operaron desde o lago Tegano e a partir de 1943 o lago foi utilizado como base polos Catalinas americanos. A batalla da illa Rennell foi a última batalla naval da Campaña de Guadacanal que ocorreu entre o 29 de xaneiro de 1943 e o 30 de xaneiro de 1943. Ao final da guerra, oito Catalinas afundíranse no lago e pódense ver desde a superficie do lago. A illa foi posteriormente visitado por unha serie de expedicións de científicos daneses.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Rennell Leste
Canoa no Lago Te Nggano, Rennell leste
Rennell en Illas Salomón
Rennell
Rennell
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIllas Salomón Illas Salomón
LocalizaciónRennell, Illas Salomón
TipoNatural
CriteriosIX
Inscrición1998 (22ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador854

As illas son de orixe volcánica con baseamento formado entre finais do Cretáceo e principios do Eoceno. Movementos tectónicos elevaron o leito mariño para permitir a construción de coral. A illa é o segundo maior atol de coral elevado do mundo. Está en gran parte sen modificar e inclúe o lago máis grande do Pacífico Sur.

A illa está a aproximadamente unha hora de voo ao sur de Honiara. Está case totalmente rodeada por cantís de 120–150 m, co extremo oriental dominado por un gran lago, mentres que o extremo occidental é relativamente plano, con outeiros boscosos. Unha estrada, coñecida como a Ruta de Copperhead, atravesa a illa desde a pista de aterraxe de Tigoa no oeste ata a zona portuaria de Labagu no sur, cun ramal cara ao leste ata o lago.

Lago Tegano[editar | editar a fonte]

Un motor PBY que fora arrastrado preto da costa. Imaxe tomada de 1995
Casa típica no bordo do lago no lago Tegano. Tomado de 2008

Os mapas oficiais das Illas Salomón nomean este lago como Te Nggano, mentres que os locais se refiren ao lago como Tegano, Tungano ou Big Water. O lago ten 29 km de lonxitude e 10 km de largo, cunha superficie de 155 km², que ocupa o 17,6% da superficie total da illa Rennell. O lago está situado na conca central de Rennell, que era a antiga lagoa.

O fondo duro está cuberto por varios metros de lodo en suspensión. O lago ten unha concentración de sal elevada está mantido por un sistema de condutos subterráneos que o conectan co mar.

A profundidade da auga é de 44 metros e consiste nunha mestura de auga doce e salgada. A distancia media desde a beira do lago ao océano está a 2 km, o lago está catalogado como Patrimonio da Humanidade.

En 2013, o World Heritage Committee engadiu a East Rennell á Lista do patrimonio mundial en perigo debido á ameaza de realizar actividades de talla de árbores polo excelente valor universal do sitio. [4]

No punto máis oriental do lago está Tigoa a antiga base aérea da segunda guerra mundial. Os habitantes afirman que hai 9 avións no fondo do lago, cinco visibles en barca.[5]

Clima[editar | editar a fonte]

A temperatura media é de 23-28 graos Celsius con preto de 4.000 mm de choiva ao ano e unha alta humidade durante ambas tempadas. Os ventos alisios do sueste prevalecen desde abril ata finais de novembro. A illa atópase dentro da banda das traxectorias de ciclóns e está suxeita aos ciclóns a intervalos relativamente frecuentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Joshua Calder (2006). "Largest Coral Atoll in the world". World Island Information. Consultado o 2008-10-10. 
  2. UNEP World Conservation. "Largest lake in the Pacific". Protected Areas Programme. United Nations. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 2008-10-10. 
  3. Wingham, E.J (1997). Nomination of East Rennell, Solomon Islands for inclusion in the World Heritage List - Natural sites. NZ: New Zealand Official Development Assistance Programme, Ministry of Foreign Affairs and Trade. p. 47.  UN Protected areas Programme Arquivado 18 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
  4. Comité do Patrimonio Mundial. Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, ed. [https: //whc.unesco.org/en/news/1034 "O Comité do Patrimonio Mundial inscribe a East Rennell na Lista do patrimonio mundial en perigo"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  5. Joseph Puia Niupuni Village, discussion July 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]