Subdivisións de Fidxi
A República de Fiji está organizada administrativamente en catro divisións, que se corresponden cos puntos cardinais, e que á súa vez están subdivididas en 14 provincias.
Características [editar]
Cada división ten un comisario, posto polo goberno de Fidxi. As divisións son basicamente agrupamentos de provincias e posúen poucas funcións administrativas. Cada provincia posúe unha Cámara Provincial que poden, dentro de súas provincias, crear leis e impostos, suxeitos á aprobación do goberno de Fidxi. O goberno tamén é responsábel do nomear o cargo Roko Tui, xefe executivo da Cámara Provincial.
A illa de Rotuma, norte do arquipélago principal, aínda que está incluída na División Oeste para fins estatísticos (censo, por exemplo), porén, administrativamente, posúe autonomía interna coa súa propia cámara e poderes para lexislar sobre a maioría dos asuntos locais.
Divisións e provincias [editar]
| División (capital) |
Provincia | Presidente da Cámara (2005) | Área (km²) |
Poboación (1996) |
|---|---|---|---|---|
| Central (Suva) |
Naitasiri | Ratu Solomoni Boserau | 1.666 | 126.641 |
| Namosi | Ratu Kiniviliame Taukeinikoro | 570 | 5.742 | |
| Rewa | Pita Tagi Cakiverata | 272 | 101.547 | |
| Serua | Atunaisa Lacabuka | 830 | 15.461 | |
| Tailevu | Josefa Seruilagilagi | 755 | 48.216 | |
| Norte (Labasa) |
Bua | Ratu Filimoni Ralogaivau | 1.379 | 14.988 |
| Cakaudrove | Sitiveni Rabuka | 2.816 | 44.821 | |
| Macuata | Ratu Aisea Katonivere | 2.004 | 80.207 | |
| Leste (Levuka) |
Kadavu | Ratu Josateki Nawalowalo | 478 | 9.535 |
| Lau | Ratu Josefa Basulu | 487 | 12.211 | |
| Lomaiviti | Ratu Jo Lewanavanua | 411 | 16.214 | |
| Oeste (Lautoka) |
Ba | Ratu Ovini Bokini | 2.634 | 192.197 |
| Nadroga-Navosa | Ratu Sakiusa Makutu | 2.385 | 54.083 | |
| Ra | Simione Naikarua | 1.341 | 30.904 | |
| Rotuma (dependencia) | Injimo Managreve | 46 | 2.810 | |