Christof Boehringer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristof Boehringer
Biografía
Nacemento1934
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemá
Educación Universidade de Múnic.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónconservador (1967–1999), arqueólogo clásico , numismático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua inglesa, lingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Premios
2010: Medalla Huntington (ANS).
2022: Jeton de Vermeil (SFN).


Christof Boehringer, nado en 1934, é un numismático e arqueólogo clásico alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Christof Boehringer é fillo do tamén arqueólogo e numismático Erich Boehringer (1897-1971).

Estudou Arqueoloxía Clásica e doutorouse na Universidade de Múnic en 1966. Logo exerceu como conservador da colección arqueolóxica e numismática do Instituto Arqueolóxico da Universidade de Gotinga desde 1967 ata a súa xubilación en 1999, aínda que segue vinculado a el na condición de "director académico xubilado".[1]

Boehringer está especializado na moeda helenística e en diversos aspectos da numismática siciliana.[2]

Na Universidade de Gotinga recibiu a súa habilitación para a docencia de Numismática Antiga en 1993.

En 1988 foi profesor visitante nos seminarios de verán da American Numismatic Society.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos publicados por Boehringer nas principais revistas numismáticas europeas do seu tempo, así como dos seus traballos monográficos máis salientables:[6][7]

Artigos[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1972). Zur Chronologie mittelhellenistischer Münzserien, 220-160 v. Chr. De Gruyter, Berlín. ISBN 9783110017632
  • (1979). Die Skulpturen der Sammlung Wallmoden. Göttingen Archäolog. Inst. Gotinga.
  • (1984). Syrakusanischer Münzstempel der Epoche des Agathokles (con O. P. di Floristella). NR, Wetteren.
  • (1995). Das alte Griechenland: Geschichte und Kultur der Hellenen (con A. H. Heinrich). Bertelsmann, Múnic. ISBN 9783570014776
  • (2003). Katalog der byzantinischen Münzen (con A. U. Sommer). Universitätsverlag, Gotinga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Personal". Archäologisches Institut. Georg-August-Universität Göttingen.
  2. 2,0 2,1 2,2 "2010 Huntington Medal Award for Christof F. Boehringer". Coins Weekly. 7 de abril de 2011.
  3. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  4. "Jeton de vermeil 2022 – M. Christof Boehringer". Société française de numismatique.
  5. "Jeton de vermeil de la SFN". Société française de numismatique.
  6. "Boehringer, Christof 1934- Arquivado 19 de marzo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  7. "Boehringer, Christof 1934-". WorldCat Identities.