Dietrich Klose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDietrich Klose
Biografía
Nacemento1955
Datos persoais
País de nacionalidade Alemán.
Educación Universidade do Sarre.
Universidade de Múnic.
Director de tesePeter R. Franke Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorStaatliche Münzsammlung (en) Traducir (1984–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
(2010): Premio da GIG.


Dietrich O. A. Klose, nado en 1955, é un numismático alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dietrich Klose cursou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica e Latín entre 1975 e 1983 nas Universidades do Sarre e de Múnic. No curso 1984-1985 accedeu a unha bolsa de investigación do Instituto Arqueolóxico Alemán e en 1987 acadou na Universidade do Sarre o seu doutoramento baixo a dirección do profesor Peter Robert Franke, cunha tese sobre as cuñaxes imperiais romanas en Esmirna, que foi publicada ese mesmo ano.[1][2]

En 1984 ingresou como asistente de investigación na Colección Estatal de Moedas de Babiera, en Múnic (Staatlichen Münzsammlung München). En 1987 ascendeu ao posto de conservador titular da Colección Estatal e en 2007 foi nomeado director, posto que exerceu ata a súa xubilación en 2020.[1][3]

Nas súas investigacións e nas súas publicacións céntrase principalmente na moeda antiga, aínda que abrangue tamén outros aspectos da numismática e da historia monetaria, como o marco alemán, as moedas do Reino de Baviera ou a medallística alemá do século XX.[1]

Klose foi membro dos consellos directivos da Sociedade Numismática de Baviera e da Sociedade Alemá da Medalla de Arte, e presidiu a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos máis significativos dos publicados por Dietrich Klose ao longo da súa traxectoria:[5][6][7]

  • (1987). Die Münzprägung von Smyrna in der Römischen Kaiserzeit. De Gruyter, Berlín. ISBN 3-11-010620-5
  • (1996). Sport, Spiele, Sieg. Münzen und Gemmen der Antike (con G. Stumpf). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-10-7
  • (2002). Die Mark: Ein deutsches Schicksal. Geschichte der Mark bis 1945. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-18-3
  • (2006). Königlich-Bayerisches Geld. Zahlungsmittel und Finanzen im Königreich Bayern 1806 - 1918 (con F. Jungmann-Stadler). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-21-3
  • (2011). Kauko Räsänen. Neue Wege in der Medaillenkunst (con J. Hackl). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840275
  • (2013). Im Hochwasser verloren. Der römische Silbermünzenfund aus Prutting-Mühlthal bei Rosenheim (con M. Kostial-Gürter). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840299
  • (2014). Vom Regenbogenschüsselchen zum Euro : Geldgeschichte des Landkreises Garmisch-Partenkirchen (con M. G. L. Herrmann et al.). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840312
  • (2016). Europas Verderben 1914-1918. Deutsche und österreichische Medaillen auf den Ersten Weltkrieg. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840343
  • (2021). Die Päpste als Bauherren im spätbarocken Rom. Medaillen und Münzen von 1667 bis 1769. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-44-2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kampmann, U. (2021).
  2. Véxase (1987) en "Publicacións".
  3. Hirsch, M. (2021).
  4. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  5. "Klose, Dietrich O. A.". Regesta Imperii.
  6. "Klose, Dietrich O. A.". Deutschen Nationalbibliothek.
  7. "Klose, Dietrich O. A.". WordCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]