Alberto Pradeau Avilés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Pradeau Avilés
Biografía
Nacemento15 de maio de 1894
Guaymas, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1980 (85 anos))
Os Ánxeles.
California.
Estados Unidos de América Estados Unidos.
Datos persoais
País de nacionalidadeMexicano.
Educación Universidade de California do Sur.
Coñecido porEstudos sobre Sonora e sobre a moeda mexicana.
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía e odontoloxía.
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxe- Mary Ann Zellars (1937).
- Martha Carolina Miller (1951).
Premios
- (1945): Medalla Huntington (ANS).
- (1969): Medalla ao mérito (ANA).


Alberto Francisco Pradeau Avilés, nado o 15 de maio de 1894 en Guaymas, Sonora, e finado o 29 de xullo de 1980 nos Ánxeles, California, foi un odontólogo, numismático, historiador e académico mexicano, especializado na historia do estado de Sonora e considerado unha das máximas autoridades da numismática mexicana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alberto Pradeau naceu en Guaymas, Sonora, o 15 de maio de 1894, fillo de pai francés, Albert Antoine Pradeau (1866-1939), e de nai de Álamos, Sonora, Guadalupe Avilés Rochin (1870-1935).[2][3]

Pradeau cursou o ensino primario en Guayma e en Álamos, e o ensino secundario nesta última localidade. En 1916 desprazouse aos Estados Unidos para continuar coa súa formación superior nos Ánxeles e en 1923 graduouse en Odontoloxía e especializouse en patoloxía bucal na Universidade de California do Sur, onde posteriormente acadou o doutoramento en Ciencias. A partir do propio ano 1923 comezou a exercer tamén na mesma universidade a docencia de Terapéutica, Materia Médica e Farmacoloxía.[2][3][4]

En 1931 acadou a condición de cidadán dos Estados Unidos.[2]

Pradeau mantivo durante moitos anos unha clínica de odontoloxía preto dos Ánxeles e entre os seus pacientes estiveron diversos artistas de Hollywood, o que lle proporcionou notoriedade e solvencia económica.[2] Parte deste diñeiro investiuna a partir dos anos 20 nunha colección de moedas. A súa paixón pola numismática levouno a investigar e a publicar varios libros que se converteron en referencia na historia da moeda da zona norte de México, sinaladamente os catro volumes da súa Historia Numismática de México de 1823 a 1950, publicados entre 1957 e 1961.[4]

O seu interese pola numismática serviulle como vía para se achegar ao coñecemento da historia, particularmente a do Estado de Sonora, e publicou tamén varios traballos significativos acerca da conquista espiritual xesuíta no noroeste da Nova España.[2] En 1960 ingresou na Academia Mexicana da Historia, cunha conferencia titulada Breves datos sobre el noroeste de la Nueva España, centrada nos conquistadores e nos primeiros misioneiros de Sonora.[4][5]

En condición de experto numismático, en 1976 foi comisionado para a autenticación e a taxación do tesouro do galeón Nuestra Señora de Atocha, afundido na costa de Florida en 1622 e achado en 1971.[2]

Como coleccionista compuxo unha importante colección de moedas mexicanas, que doou á localidade sonorense de Hermosillo coa única condición de que se dispuxese nun lugar axeitado.[4]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Alberto Pradeau contraeu matrimonio en dúas ocasións; a primeira o 16 de novembro de 1937, con Mary Ann Zellars, e en segundas nupcias con Martha Carolina Miller, o 7 de xaneiro de 1951.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis sobranceiros de Alberto Pradeau:[8]

  • (1932). Apuntes biograficos historicos de Don José Francisco Osorno. Os Ánxeles.
  • (1934). The Mexican Mints of Alamos and Hermosillo. American Numismatic Society, Nova York.
  • (1938). Numismatic History of Mexico from the Precolumbian Epoch to 1823. México.
  • (1947). A study of the Coinage of the mexican independece Leader Morelos. American Numismatic Association, Colorado Springs.
  • (1953). Don Antonio de Mendoza y la Casa de Moneda de México en 1543. Antigua Librería Robredo, México.
  • (1957-1961). Historia numismática de México de 1823 a 1950 (4 vol.). Sociedad Numismática de México, México.
    • Tomo I (1957). Cecas de: México y Tlalpam.
    • Tomo II (1960). Cecas de: Hermosillo, Álamos, Catorce, Chihuahua, Culiacán y Durango.
    • Tomo III (1961). Cecas de: Guadalajara, Guadalupe y Calvo, Guanajuato, Oaxaca, Dan Luís Potosí y Zacatecas.
    • Tomo IV (1958): Ilustraciones.
  • (1959). La expulsión de los jesuitas de las provincias de Sonora, Ostimuri y Sinaloa en 1767. Antigua Librería Robredo, México.
  • (1959). Sonora y sus casas de moneda: Álamos y Hermosillo. Gobierno del Estado de Sonora, México.
  • (1962). Mexican patriots and their part in numismatics. American Numismatic Association, Colorado Springs.
  • (1963). Los tlacos y pilones mexicanos. Sociedad Numismática de Puebla, Puebla.
  • (1970). Emperor Maximilian I of Mexico: the French Intervention, its History and that of its Coinage, 1864-1867. Maximilian Numismatic & Historical Society, México.
  • (1972). Henequen plantation tokens of the Yucatan peninsula, Mexico (con E. C. Leslie). ? Organization of International Numismatists.
  • (1975). Los jesuitas en Sonora y el alzamiento Pima de 1751.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alberto Pradeau Avilés Arquivado 09 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". En Freejournal.org
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Alberto Francisco Pradeau Collection: Biographical Note". Arizona Archives Online.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Discurso de ingreso (...). Contestación del Sr. Dr. Don Alberto María Carreño". Academia Mexicana de la Historia. 13 de xuño de 1960. Páxinas 23-27.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 González y González, L. "Miembros de la Academia: Alberto Pradeau Alvilés". Academia Mexicana de la Historia.
  5. "Discurso de ingreso por don Alberto Francisco Pradeau". Academia Mexicana de la Historia. 13 de xuño de 1960.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "Past Award Recipients". Páxina 25. American Numismatic Association.
  8. "Pradeau, Alberto Francisco 1894-". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]