Agostinho Neto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de Agostinho Neto

António Agostinho Neto, nado en Icolo e Bengo en 1922 e finado en Moscova en 1979, foi un político e escritor angolano. Foi o primeiro presidente de Angola entre 1975 e 1979.

Traxectoria [editar]

Converteuse nunha figura prominente no anos 1940s dentro dos movementos nacionalistas angolanos, ao tempo que estudaba medicina en Lisboa, volta a Angola ao se doutorar e axiña convértese nunha figura problemática pola súa oposición ao goberno colonial, que o arresta, aínda que consegue escapar a Marrocos, onde se converte nun dos líderes da resistencia angolana no exilio.

Foi un dos primeiros membros do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA) e asumiu a presidencia de Angola o 11 de novembro de 1975 ao obter Angola a independencia.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: