Matthew Barney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matthew Barney.

Matthew Barney, nado en San Francisco (California) o 25 de marzo de 1967, é un videoartista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 6 anos, logo da separación dos seus pais, foi vivir co seu pai a Boise (Idaho), mentres que anai foi vivir a Nova York, onde Barney a ía visitar e onde se interesou primeiramente pola arte e os museos. As belas artes e os deportes levárono a interesarse na escultura e a realización de vídeos.

Asistiu a Universidade de Yale onde comezou os estudos de medicina, que abandonou para licenciarse en Belas Artes en 1991. Xa licenciado marchou a Nova York, onde reside actualmente coa súa muller Björk, coñecida cantante islandesa. Con ela colaborou no seu derradeiro proxecto multimedia. Dende o comezo do seu traballo, Barney fixo incursións en cine, vídeo, escultura, fotografía ou debuxo.

Actividade[editar | editar a fonte]

Nas primeiras exposicións, Barney presentou instalacións escultóricas moi elaboradas que incluían vídeos del mesmo interactuando con varios obxectos e desempeñando proezas físicas como escalar edificios suspendido por cables de aceiro.

O seu traballo está influído pola arte barroca e as instalacións dos seus vídeos inclúen imaxes que se contrapoñen en canto ó significado, con interiores con decoración moi cargada e con elementos como motocicletas e actuacións en vivo, sobrecollen ó espectador. Tamén amosa grande interese pola anatomía.

A partir de 1992, Barney empezou a introducir criaturas fantásticas no seu traballo.

En 1994 Barney empezou a traballar no seu ciclo épico Cremaster, un proxecto fílmico dividido en cinco partes sen unha orde cronolóxica especificada. Ó proxecto fílmico vai acompañado de esculturas, fotografías e debuxos interrelacionados.

O título do ciclo fai referencia ó cremáster, é dicir, o músculo que sostén ós testículos e fai que se movan cara arriba ou abaixo dependendo dos cambios de temperatura, a estimulación externa ou o medo. Como produtor e creador do Cremaster, Barney tamén participou activamente na interpretación dos personaxes: un mago, Harry Houdini e un recoñecido asasino: Gary Gilmore, entre outros.

Para a interpretación dalgúns dos moitos personaxes conta con celebridades no mundo artístico coma John Cage o cal aparece cuberto de abellas mentres fala por teléfono, o afamado escultor Richard Serra, ou a actriz Ursula Andrews.

Nos 5 films que integran Cremaster, Barney mostra o enfrontamento do home coa súa sexualidade e para iso fai uso de metáforas e analoxías fantásticas.

O conxunto de films están integrados por unha amálgama de autobiografía, historia, mitoloxía. A orde de presentación dos filmes non é rigorosa, así pois, Cremaster 4 foi estreado no 1994, Cremaster 1 en 1995-96, Cremaster 5 no 1997, Cremaster 2 no 1999, e Cremaster 3 no 2002. Matthew Barney gañou co Cremaster o prestixioso premio Europa 2000 na 45° Bienal de Venecia de 1993.

O traballo de Matthew Barney xerou fortes controversias: por un lado, quen aclaman ó seu traballo baséanse na riqueza e complexidade das súas creacións para loalo. Quen o critican, argumentan que co ciclo Cremaster, o que procura é abraiar.

The Cremaster Cycle, foi unha exposición organizada polo Guggenheim Museum de Nova York, e foi premiada no Ludwig Museum, Colonia, Alemaña en xuño de 2002. En outubro do mesmo ano foi presentado no Musée d'Art Moderne de la Ville de Paris, e máis tarde presentouna en Nova York.

O 4 de octubre do mesmo ano, converteuse en pai cando a súa parella, a cantante islandesa Björk pariu unha nena chamada Ísadora.

Obras[editar | editar a fonte]

Exposicións individuais[editar | editar a fonte]

Exposicións coletivas[editar | editar a fonte]

  • Video Library, Andrea Rosen Gallery, Nova York, 1990
  • Drawings, Althea Viafore Gallery, Nova York, 1990
  • Althea Viafora Gallery, Nova York, 1990
  • Viral Infection: The Body and its Discontent, Hallwells Contemporary Arts Center, Buffalo, EUA, 1990
  • ACT-UP Benefit Art Sale, Paula Cooper Gallery, Nova York, 1991
  • Regen Projects, Os Ánxeles, EUA, 1991
  • Barbara Galdstone Gallery, Nova York, 1991
  • Spielhölle, U-Bahn Station, Frankfurt am Main, Alemaña, 1992
  • Matthew Barney, Sam Reveles and Nancy Rubins, SteinGaldstone Gallery, Nova York, 1992
  • 'Post Human, Deichtorhallen, Hamburgo, Alemaña, 1992
  • Post Human, Dete Foundation, Atenas, Grecia, 1992]
  • Post Human, Castello di Rivoli, Turín, Italia, 1992
  • Post Human, FAE Musée d'Art Contemporain, Pully/Lausanne, Suíza, 1992
  • Périls et Colères, capc Musée Bordeaux, Burdeos, Francia, 1992
  • Documenta IX, Kassel, Alemaña, 1992
  • Works on Paper, Paula Cooper Gallery, Nova York, 1993
  • Action/Performance and the Photograph, Turner-Krull Galleries, Os Ánxeles, EUA, 1993
  • Don't Ask, Don't Tell, Don't Pursue, Fairfield University, Fairfield, EUA, 1993
  • Biennial Exhibition, Whitney Museum of American Art, Nova York, 1993
  • Aperto 93, 45th Venice Biennale, Venecia, Italia, 1993
  • Exhibition to Benefit the Mapplethorpe Laboratory for AIDS Research, Barbara Gladstone Gallery, Nova York, 1993
  • Barbara Gladstone Gallery, Nova York, 1993
  • Drawing on Sculpture, Cohen Gallery, Nova York, 1994
  • The Ossuary, Luhring Augustine, Nova York, 1994
  • Sammlung Volkmann, Berlín, Alemaña, 1994
  • Acting Out - The Body in Video: Then and Now, Royal College of Art, Londres, 1994
  • Of the Human Condition: Hope and Despair at the End of the Century, Spiral Gallery, Tokio, 1994
  • Hors Limites, Centre Georges Pompidou, París, 1994
  • Altered States. American Art in the 90s, Forum For Contemporary Art, St. Louis, EUA, 1995
  • The Masculine Masquerade, MIT List Visual Center, Cambridge, EUA, 1995
  • ARS 95, Museum of Contemporary Art, Helsinki, Finlandia, 1995
  • Biennial Exhibition, Whitney Museum of American Art, Nova York, 1995
  • Ripple Across the Water 95, WATARI-UM Museum of Tokyo, 1995
  • DASAMERICAS II, Museu de Arte de Sao Paulo, Brasil, 1995
  • Drawing on Chance, Selections from the Collection, The Museum of Modern Art,[[[MOMA]] Nova York, 1995
  • Art at Home, Ideal Standard Life, The Spiral Garden, Toquio, 1996
  • Faustrecht der Freiheit, Neues Museum Weserberg, Bremen, Alemaña, 1996
  • Passions Privees, Musee d'Art Moderne, París, 1996
  • Picasso: a Contemporary Dialog, Galerie Thaddeaus Ropac, Salzburgo, Austria, 1996
  • Defining the Nineties: Consensus-making in New York, Miami and Los Angeles, Museum of Contemporary Art, Miami, EUA, 1996
  • Hybrids, DeAppel, Ámsterdan, Países Baixos, 1996
  • Foreign Body, Museum fur Gegenwartskunst, Basilea, Suíza, 1996
  • Matthew Barney, Tony Oursler and Jeff Wall, Sammlung Goetz, Múnic, Alemaña, 1996
  • Cremaster 1 screening, Tenth Biennale of Sydney, Australia, 1996
  • Hugo Boss Prize Exhibition, Guggenheim Museum - SoHo Branch, Nova York, 1996
  • Biennale de Lyon, Lión, Francia, 1997
  • Loco-Motion, Cinema academia Dorsoduro, Venecia, Italia, 1997
  • Sous le manteau, Gallery Thaddaeus Ropac, París, 1997
  • Rrose is a Rrose is a Rrose, Gender Performance in Photography, Andy Warhol Museum, Pittsburgh, EUA, 1997
  • Rrose is a Rrose is a Rrose, Gender Performance in Photography, Solomon R Guggenheim Museum, Nova York, 1997
  • 'De-Genderism, Setagaya Art Museum, Toquio, 1997
  • Extensions - aspects of the figure, The Joseloff Gallery, Hartford Art School, EUA, 1998
  • Global Vision, New Art from the 90s - with new acquisition from the Dakis Joannou Collection, Deste Foundation, Atenas, Grecia, 1998
  • +Zone, Palazzo Re Rebaudengo, Guarene d'Alba, Italia, 1998
  • Emotion - Young British and American art from the Goetz collection, Deichtorhallen, Hamburgo, Alemaña, 1998
  • Die Rache der Veronika, Fotosammlung Lambert, Deichtorhallen, Hamburgo, Alemaña, 1998
  • Scratches on the surface of things, Museum Boymans van Beuningen, Róterdan, Países Baixos, 1998
  • Wounds Between Democracy and redemption in Contemporary Art, Moderna Museet Stockholm, Suecia, 1998
  • The Promise of Photography: selected works from the DGBank Collection', PS1, Nova York, 1999
  • Regarding Beauty, Hirshhorn Museum and Sculpture Garden, Washington, D.C., EUA, 1999
  • Voilà - Le mode dans la tête, Musée d'Art Moderne de la Ville de Paris, París, 1999-2000
  • Seeing Time: From the Kramlich Collection, San Francisco Museum of Modern Art, San Francisco, EUA, 2000
  • Image Stream, Wexner Center for the Performing Arts, Columbus, EUA, 2003-2004

Presentacións en galerías[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Europa 2000 Prize, Aperto 93, XLV Venice Biennale, Italia, 1993
  • Hugo Boss Award, Guggenheim Museum, Nova York, 1996

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Matthew Barney: Cremaster 2, Walker Art Center, Minneapolis, 1999
  • History of Modern Art, Fourth Edition, Harry N Abrams, New York, 1998
  • Matthew Barney: Cremaster 5, Portikus Frankfurt, Barbara Gladstone Gallery, New York; presentation of the *Matthew Barney: Pace Car For The Hubris Pill, exhibition organised by Matthew Barney and Karel Schampers, Museum Boymans van Beuningen, Rotterdam, 1995
  • Witte de With - Cahier #1, Witte de With, Rotterdam, The Netherlands, October 1993
  • Documenta IX, Edition Cantz, Stuttgart/Abrams, New York, 1992
  • Matthew Barney: New Work, San Francisco Museum of Modern Art, San Francisco, 1991

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]