Músculos interóseos palmares da man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculos interóseos palmares da man
Gray429.png
Os músculos interóseos palmares.
Latín musculi interossei palmares manus
Gray's asunto #126 464

Os músculos interóseos palmares da man son un conxunto de músculos do membro superior humano, pertencentes á man. Son catro músculos situados por diante dos músculos interóseos dorsais da man, orixinados nos metacarpianos dos dedos cos que se relacionan.

O primeiro músculo interóseo palmar ten a súa orixe na superficie medial da parte palmar do primeiro metacarpiano e se insire na base da falanxe proximal do polgar e na vaina extensora. Acoita haber un óso sesamoideo no interior do tendón.

O segundo interóseo palmar orixínase na superficie medial do segundo metacarpiano e se insire na superficie medial da expansión dorsal do dedo índice.

O terceiro e cuarto interóseos palmares orixínanse nas superficies laterais do cuarto e quinto metacarpianos e se insiren nas superficies laterais das respectivas vainas extensoras.

Pasan por debaixo dos ligamentos metacarpianos transversos fondos.

Funcións[editar | editar a fonte]

Os interóseos palmares aducen o polgar, o dedo índice, o dedo anular e o maimiño. Tamén realizan flexo-extensión polas súas unións ás vainas extensoras.

Inervación[editar | editar a fonte]

Os catro están inervados pola póla fonda do nervio cubital.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)