Músculo braquial anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brachialis.png

O músculo braquial anterior é un músculo humano pertencente á rexión anterior do membro superior.

Índice

Insercións [editar]

Cranialmente, insírese na diáfise umeral, nas partes inferiores das caras interna e externa. Tamén, no bordo anterior. Caudalmente, insírese no cúbito, na superficie inferior da apófise coronoide.

Relacións [editar]

Discorre por enriba do músculo bíceps braquial. Entre ambos discorre o nervio músculo-cutáneo, que é ademais o nervio que os inerva. Na parte máis inferior forma o límite interno da canle bicipital interna.

Funcións [editar]

É o flexor máis potente do cóbado.

Inervación e vascularización [editar]

A inervación procede do nervio músculo-cutáneo, mentres que a vascularización é aportada pola arteria umeral.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.