Tríceps braquial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O tríceps braquial é un músculo do membro superior, encargado da extensión do antebrazo. O tríceps humano ten as seguintes características:
Índice |
Insercións [editar]
O músculo tríceps consta de tres porcións.
- Superiores:
- Tubérculo infraglenoide da escápula para a porción longa.
- Cara posterior diafisaria do úmero para as porcións externa e interna.
- Inferiores: Superficie posterior da apófise olecraniana do cúbito.
Relacións [editar]
Forma parte do plano muscular posterior do brazo e chega ao antebrazo. Na parte posterior e inferior do úmero únense as tres porcións. Entre as dúas porcións laterais áchase a canle radial posterior ou canle de torsión do úmero, pola cal discorren nervio radial posterior, arteria umeral fonda e dúas veas satélites.
Vascularización e innervación [editar]
- Vascularización: Arteria umeral fonda
- Innervación: Póla do nervio radial común
Función [editar]
É un músculo extensor do antebrazo.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||