Músculo pectoral menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pectoralis minor.png

O músculo pectoral menor é un músculo do membro superior humano pertencente á rexión axilar. É un músculo pequeno de forma triangular disposto por debaixo do músculo pectoral maior e se estende dende a parede torácica ata a apófise coracoide da escápula. Recibe febras das costelas terceira á quinta e das súas fascias correspondentes.

A súa función é desprazar cara adiante a escápula. Está inervado polo nervio pectoral medial, que provén do plexo braquial.