Manguito rotador
| Manguito de rotadores | |
|---|---|
| Manguito de rotadores | |
| Gray's | asunto #123 |
O manguito rotador é un grupo de músculos do membro superior que mantén unido o úmero á escápula.
Índice |
Funcións [editar]
O manguito de rotadores son importantes na estabilidade e mobilidade da articulación glenoumeral. Estes músculos insírense na escápula e se dirixen cara o úmero. Deste xeito manteñen a cabeza umeral unida á cavidade glenoide da escápula.
Durante a abdución do brazo, o manguito de rotadores comprime a articulación glenoumeral, para que o músculo deltoide poida elevar o brazo. Sen a actuación deste grupo, a articulación sería moito máis luxable e permitiría menos movementos.
Músculos do manguito [editar]
Son en total catro músculos.
Músculo supraespiñal [editar]
- Artigo principal: Músculo supra-espiñal.
O supraespiñal insírese na fosa supraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Abduce o brazo. Está inervado polo nervio supraescapular.
Músculo infraespiñal [editar]
- Artigo principal: Músculo infra-espiñal.
O infraespiñal insírese na fosa infraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Realiza a rotación externa do brazo. Está inervado polo nervio supraescapular.
Músculo redondo menor [editar]
- Artigo principal: Músculo redondo menor.
O redondo menor insírese no bordo axilar da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce, ao igual que o infraespiñal, a rotación externa do brazo. Está inervado polo nervio axilar.
Músculo subescapular [editar]
- Artigo principal: Músculo subescapular.
O subescapular insírese na fosa subescapular da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce a rotación interna do brazo. Está inervado polo nervio subescapular superior e inferior.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.