Músculo adutor do polgar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo adutor do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un músculo de tamaño grande, triangular, que cruza a palma da man, situado por diante dos músculos interóseos dorsais da man e dos palmares. Na súa orixe, posúe dúas porcións:
- Unha transversa, que se insire na zona anterior do corpo do terceiro metacarpiano.
- Unha oblícua, procedente do óso grande e das bases do segundo e terceiro metacarpiano.
As dúas porcións converxen ata fusionarse e constituír un tendón, que adoita ter no interior un óso sesamoideo. Insírese na superficie medial da base da falanxe proximal do polgar e na vaina extensora.
A arteria radial discorre entre as dúas porcións no seu traxecto cara o plano fondo da man e formar o arco palmar fondo.
Índice |
Funcións [editar]
Aduce e opón o polgar.
Inervación [editar]
É inervado pola póla fonda do nervio cubital
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomía para estudiantes. (en castelán)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||