Compartimento posterior do brazo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Compartimento posterior do brazo | |
|---|---|
| Sección axial superior do brazo | |
| Latín | compartimentum brachii posterius |
| Arteria | arteria umeral fonda |
| Nervio(s) | nervio radial |
O compartimento posterior do brazo é rexión anatomicamente máis posterior do brazo. Tamén se lle denomina compartimento extensor debido a que acolle os músculos extensores do antebrazo. Contén o músculo tríceps braquial e o músculo ancóneo (que embrioloxicamente podería considerarse coma parte do tríceps e polo tanto constituíndo un cuádriceps braquial).
Por este compartimento discorre o nervio radial, que inerva a maioría dos músculos que se achan nesta rexión.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.