Músculo opoñente do polgar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Musculusopponenspollicis.png

O músculo opoñente do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente á man. Forma parte da eminencia tenar, da cal é o músculo de maior tamaño. Sitúase na parte máis fonda da eminencia.

Orixínase no tubérculo do trapecio e nas vainas extensoras próximas. Insírese ao longo de todo o primeiro metacarpiano.

Índice

Función [editar]

Rota e flexiona o primeiro metacarpiano sobre o trapecio, de modo que o dedo queda enfrontado ao resto da man.

Inervación [editar]

É inervado pola póla recorrente do nervio mediano.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)