Músculo dorsal ancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo dorsal ancho
Músculo dorsal ancho.
Músculos que unen a extremidade superior á columna vertebral. O músculo dorsal ancho está destacado en vermello.
Latín Musculus latissimus dorsi
Gray's subject #121 432
Orixe Apófises espiñosas de T7-L5, sacro, fascia toracolumbar, crista ilíaca e tres últimas costelas
Inserción    Úmero (suco intertubercular)
Vascularización Rama toracodorsal da arteria subescapular
Innervación Nervio toracodorsal (C6-C8)
Accións Estende, aduce e rota medialmente o úmero

O músculo dorsal ancho é un músculo do membro superior humano, pertencente á axila. Orixínase nas apófises espiñentas das seis vértebras torácicas inferiores e ligamentos interespiñentos relacionados. A través da fascia toracolumbar únese ás apófises espiñentas das vértebras lumbares, ós ligamentos interespiñentos destas vértebras, á crista ilíaca e á 3 e 4 costela inferior.

A súa inserción distal remata no chan do suco intertubercular do úmero.

Innervación[editar | editar a fonte]

Está innervado polo nervio toracodorsal.

Función[editar | editar a fonte]

O grande dorsal ten por función: a adución, rotación medial e extensión do brazo na articulación glenoumeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray, Anatomía para Estudiantes. Miembro superior (en castelán).