Músculo opoñente do maimiño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo opoñente do maimiño é un músculo do membro superior humano pertencente superior á man. Orixínase no gancho do óso ganchudo e na zona próxima da vaina extensora. Insírese no bordo medial e na superficie palmar do quinto metacarpiano. Na súa base está furado polo nervio e arteria cubital.
Índice |
Funcións [editar]
O opoñente do maimiño rota o quinto metacarpiano cara a palma da man, pero de xeito moito menos evidente que a rotación do polgar, debido a que a articulación neste punto é moito máis sinxela e á existencia dun ligamento metacarpiano transverso fondo.
Inervación [editar]
O opoñente do maimiño está inervado pola póla fonda do nervio cubital.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||