Músculo romboide maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rhomboideus major.png

O músculo romboide maior é un músculo do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Orixínase nas apófises espiñentas das vértebras T2 a T5 e segmentos intermedios do ligamento supraespiñento. Insírese despois na superficie posterior do bordo medial da escápula dende a espiña deste óso ata o ángulo inferior.

Funcións[editar | editar a fonte]

Ao igual que o músculo romboide menor, eleva e retrae a escápula.

Inervación[editar | editar a fonte]

A inervación é realizada polo nervio dorsal da escápula.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).