Arteria cubital
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A arteria cubital é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha póla da arteria umeral.
Traxecto e relacións [editar]
A arteria cubital é de maior tamaño cá radial. Abandona o cóbado e sitúase na parte medial do antebrazo, por debaixo do músculo pronador redondo. A continuación sitúase entre o músculo flexor cubital do carpo e o músculo flexor común fondo dos dedos da man. Na zona máis distal do antebrazo adoita estar cuberta polo flexor cubital do carpo. Entra no pulso por fóra do óso pisiforme e por enriba do retináculo flexor do pulso, formando un arco sobre a man. Vasculariza dos dedos III, IV e V máis a metade medial do II.
Pólas da arteria cubital [editar]
- Arteria recorrente cubital, que dá unha póla anterior e unha posterior.
- Numerosas pólas colaterais que abastecen a músculos veciños.
- Arteria interósea común, que dá lugar a unha póla anterior e outra posterior.
- Dúas pequenas pólas para o carpo: póla dorsal do carpo e póla palmar do carpo.