Vascularización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vascularización é un termo anatómico para referirse aos vasos que aportan sangue a un determinado elemento do organismo, xa sexa un óso, músculo, órgano, tecido etc.

A vascularización ten varios compoñentes:

  • Arterias e arteriolas, que son vasos que levan sangue osixenada cara os diversos tecidos. Son estruturas de certo calibre, que poden ter desde varios centímetros (por exemplo, aorta) ata uns milímetros.
  • Veas e vénulas, que recollen sangue con pouco osíxeno e moitas substancias de refugallo. O seu diámetro oscila entre milímetros e varios centímetros (por exemplo, vea cava superior).
  • Capilares, que son estruturas microscópicas que se interpoñen entre as arterias e veas. Son vasos de tamaño moi reducido que permiten o intercambio de substancias entre o seu interior e o tecido polo que discorren. Existen varios tipos de capilares en función da súa disposición:
  • Sistema linfático, que recolle substancias de refugallo e serve coma filtro para o sistema inmune. Ao recoller elementos do sangue, estes concéntranse no ganglio linfático onde as células inmunitarias poden iniciar unha reacción de defensa. Unha vez filtrado o contido, este devólvese á circulación venosa.

O fluxo sanguíneo existe entre os diferentes tipos de base por mor da diferenza de presión entre a arteria e a vena. A presión arterial está condicionada polo grosor da arteria (menor presión a máis calibre) e coa forza que o corazón impulsa o sangue (presión hidrostática). A presión venosa é netamente inferior á arterial e existe un gradiente de presión arterio-venoso que se fai mínimo nos capilares. Neles, as substancias saen ou entran na corrente de sangue por fenómenos de osmose. Ademais do sistema de recollida venoso, existe un sistema de recollida linfático, que drena os diversos territorios e devolve o seu contido ó sistema venoso.

A presión que exercen as proteínas do sangue, principalmente a albumina denomínase presión oncótica, e determina a cantidade de substancias que circulan entre vaso e tecido, xunto co resto das presións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Guyton. Tratado de fisiología médica. 17ª edición (en castelán)