Músculo grande dorsal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo grande dorsal é un músculo do membro superior humano, pertencente á axila. Orixínase nas apófises espiñentas das seis vértebras torácicas inferiores e ligamentos interespiñentos relacionados. A través da fascia toracolumbar únese ás apófises espiñentas das vértebras lumbares, ós ligamentos interespiñentos destas vértebras, á crista ilíaca e á 3 e 4 costela inferior.
A súa inserción distal remata no chan do suco intertubercular do úmero.
Índice |
Innervación [editar]
Está innervado polo nervio toracodorsal.
Función [editar]
O grande dorsal ten por función: a adución, rotación medial e extensión do brazo na articulación glenoumeral.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray, Anatomía para Estudiantes. Miembro superior (en castelán).
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||