Arteria toracodorsal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Arteria toracodorsal | |
|---|---|
| Arteria toracodorsal. | |
| Gray's | asunto #144 588 |
A arteria toracodorsal é unha arteria do membro superior humano, pertencente á rexión da axila. É unha póla colateral da arteria subescapular. Tamén se denomina póla interna ou torácica da arteria subescapular. Carece de pólas.
Descende sobre o músculo serrátil anterior, posterior á arteria torácica lateral; distribúese polos músculos intercostais, serrátil anterior, grande dorsal e a pel da parede torácica.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.